Crear e configurar chat

  Crear e configurar chat

Configuración do chat

A configuración do chat permítenos realizar as seguintes accións:

  • Eliminar o chat 
  • Admitir ou non admitir respostas 
  • Ver os grupos participantes 
  • Ver a listaxe de participantes que aceptaron a invitación 
  • Ver a listaxe de participantes pendentes de aceptar a invitación

Crear un novo chat

Cando se crea un novo chat amosarase esta pantalla:

Admite resposta:
Pódese configurar a opción para que o chat admita resposta ou non.

Tema:
Tamén se pode poñer un título ao chat que describa de forma moi breve o tema da conversación.


Tipos de chat



Difusión
Permite enviar mensaxes a varios destinatarios a modo informativo




Sala
Conversación onde poden participar varios destinatarios



Privado
Con un único destinatario




Difusión




Ao crear unha mensaxe de difusión deberanse seleccionar os grupos participantes








Sala



Ao crear unha sala, igual que no caso das mensaxes de difusión, tamén se deberán seleccionar os grupos participantes.





Privado




Ao escoller crear un chat privado, primeiro hai que localizar o grupo ao que pertence o usuario co cal queremos abrir unha conversación privada.

Unha vez elixido o grupo, pódese ver a listaxe de usuarios do mesmo e poderase escoller aos usuarios. 

Crearanse tantos chats privados como usuarios se seleccionen neste paso.






Apercibimento

No caso de ser titor ou titora dun grupo nun ciclo formativo pódese notificar ao alumnado a través da aplicación algún destes aspectos:
  • Apercibimento perda do dereito da avaliación continua.
  • Comunicación perda do dereito da avaliación continua.
  • Apercibimento baixa de oficio da matrícula.
  • Comunicación baixa de oficio da matrícula.






Enviar mensaxe



O último paso é común a todos os tipos de chat, onde se deberá introducir unha mensaxe inicial coa que se abrirá o chat e finalmente premer en Enviar








             

  abalarPRO         

Última modificación: Xoves, 17 de Novembro de 2022, 10:43