Mensaxería

  Mensaxería con abalarPro


Funcionalidades da mensaxería

Desde o apartado de mensaxería pódese acceder á listaxe de chats e tamén se poden crear novos chats con outros participantes.

Chat privado
Con un único destinatario
 



Chat de difusión
Permite enviar mensaxes a varios destinatarios a modo informativo





Sala / Chat grupal

Conversación onde poden participar varios destinatarios



O chat permite enviar mensaxes, ligazóns, ademáis acceder á configuración do propio chat.

As mensaxes enviadas polo profesorado móstranse con fondo azul.
As mensaxes recibidas dos demáis usuarios móstranse con fondo gris.

O límite de caracteres dunha mensaxe é de 1000, e iranse descontando visualmente mediante un contador preto da zona de escritura, a medida que se escribe.


             

  abalarPRO         

Última modificación: Venres, 25 de Xuño de 2021, 13:25