Introdución

  Introdución a abalarPRO


Presentación do sistema 


A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ademais do portal espazoAbalar, ofrece abalarPro. Trátase dunha aplicación para o persoal docente que vai permitir consultar e enviar mensaxes ás familias a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.  

Esta aplicación nace no contexto do Proxecto Abalar, un compromiso da Administración galega coa cidadanía, no ámbito da integración das novas tecnoloxías na práctica educativa, para acadar unha resposta integral e de futuro aos retos que presenta a educación na sociedade dixital do século XXI. 

abalarPro únese así a abalarMóbil, unha aplicación para as familias que permite consultar a información de calquera dos seus fillos e interactuar co profesorado a través dos dispositivos móbiles. 

A aplicación abalarPro está dispoñible para todo o profesorado dos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. 

Actualmente a descarga desta aplicación faise desde Google Play Store (se o sistema operativo é Android) e desde Apple Store (se o sistema operativo é IOS). 

As funcionalidades da primeira versión de abalarPro están orientadas á mensaxería, de tal forma que é posible acceder á listaxe de mensaxes, así como crear novas mensaxes con outros participantes: mensaxe privada, de difusión ou grupal/sala. En futuras versións incrementaranse novas funcionalidades dentro da app.

    

  Os requisitos para o correcto funcionamento da aplicación son:
   
  • Dispoñer dun dispositivo Android con versión 4.1 ou superior
  •  Dispoñer dun dispositivo iOS con versión 11 ou superior.
  • Conexión a internet.
  • Usuario e contrasinal de acceso.

       

  abalarPRO         

Última modificación: Venres, 12 de Marzo de 2021, 14:44