Protocolos e conceptos básicos de redes

  Protocolos e conceptos básicos de redes


Algúns conceptos básicos sobre protocolos e estándares de rede

Un protocolo é un conxunto de regras para comunicarse. A familia de protocolos de Internet TCP/IP é un conxunto de protocolos de rede nos que se basea Internet e que permiten a transmisión de datos entre redes de ordenadores. O protocolo TCP/IP é a base de Internet, serve para enlazar e intercomunicar ordenadores que utilizan diferentes sistemas operativos.

   

1 Un enderezo IP é unha etiqueta numérica de 32 bits agrupados en 4 octetos que identifica, de maneira lóxica e xerárquica, a un equipo dentro dunha rede que utilice o protocolo IP (Internet Protocol).

   

EXEMPLO:

10.63.2.57 (decimal)

01010.01010111111.01010111111.01010111111 (binario)

   

   

2 A máscara de rede é unha etiqueta numérica que serve para delimitar no enderezo IP cal é a parte que se corresponde co enderezo da rede e cal é a que se corresponde co enderezo do propio equipo ou host.

Máscara de rede    

3 IP dinámica refírese á asignación dinámica (non fixa) dun enderezo IP a un equipo, de maneira que o enderezo IP asignado pode ser diferente cada vez que se conecta.

   

4 DHCP (Dynamic Host Configuration Protocol). Protocolo que permite asignar os parámetros de rede de maneira dinámica aos equipos.

   

5 Servidor DHCP é o equipo que utilizando o protocolo DHCP asigna a configuración a outros equipos da rede.

(o uso de DHCP é habitual en lugares públicos e fogares)

   

6 O enderezo MAC (Media Access Control ou Control de Acceso ao Medio) é un identificador de 48 bits (6 bloques hexadecimais) que corresponde de forma única a unha tarxeta de rede. Adoitase escribir en formato hexadecimal, por exemplo: 00:02:3F:0C:44:E0

   

7 Domain Name System (DNS, "Sistema de Nomes de Dominios"). Un sistema de nomenclatura xerárquica para ordenadores, servizos ou calquera recurso conectado a Internet ou a unha rede privada. Este sistema asocia información variada con nomes de dominios asignado a cada un dos participantes. A súa función máis importante é traducir (resolver) nomes intelixibles para as persoas en identificadores binarios asociados cos equipos conectados á rede para poder localizar e direcionar os equipos. É dicir, traduce os nomes de dominio (de uso humano) a enderezos IP (de uso na rede).

Por exemplo :

A páxina www.xunta.es (para as persoas) en realidade é: 85.91.64.232

ou

01010101.01011011.01000000.11101000 (para as máquinas).

   

O DNS para a rede corporativa dos centros de ensino público é:

10.180.188.75

   


Última modificación: Martes, 12 de Xaneiro de 2021, 18:40