A electrónica de rede nos centros Abalar/EDIXGAL

  A electrónica de rede nos centros Abalar/Edixgal


 

A electrónica de rede dos centros educativos é a parte de hardware (dispositivos da rede) encargada de xestionar o tráfico da rede que se transmite entre servidores e os propios dispositivos, polo que resulta de vital importancia que todos os elementos funcionen correctamente.

Os elementos principais que compoñen a electrónica de rede son o router, os switchs (principal e secundarios), conmutadores e os APs WiFi (puntos de acceso WiFi).

   

O switch principal

   

Entendemos por switch principal aquel que concentra as conexións co servidor e permite clonar equipamento EDIXGAL.
O switch principal do centro educativo habitualmente recibía o nome de "switch Abalar", aínda que este switch está identificado cun nemotécnico diferente nos novos centros EDIXGAL que anteriormente non eran Abalar. Está situado no armario rack principal e conecta directamente co router.

Dentro da rede do centro, será o encargado de interconectar todo o resto da electrónica de rede e o servidor, de maneira que cada un dos seus portos brinda un ancho de banda completo a través do propio porto.

Este switch incorpora diversos latiguillos conectados de varias cores. Cada unha destas cores identifica o servizo que ofrece ou o dispositivo que conecta.

   

Switch principal

   

A configuración, xestión e mantemento da electrónica de rede do centro corre a cargo dos técnicos de AMTEGA, polo que os centros non teñen que realizar ningún tipo de actuación neste sentido.

   

NOTA: Esta distribución de cores para o cableado enténdese como estandar de referencia, pero pode darse o caso de algúns centros nos que non se cumple exactamente este estandar por circunstancias específicas do propio centro.

     

Estándar de cores no switch principal

   

Os latiguillos de cor vermella identifican a conexión co router (ou routers, no caso dos centros que dispoñen dun router secundario). O latiguillo amarelo proporciona o servizo de clonación/restauración dos equipos Abalar/EDIXGAL de alumnado e profesorado.

   

EQUIPO COR DO LATIGUILLO PORTO NO SWITCH ABALAR
Router principal Vermello 1
Router secundario (en caso de existir) Vermello 2
WAN servidor CED Verde 3
LAN servidor CED Azul 5
Tarxeta de xestión Negro 6
PXE Clonación / Restauración Amarelo 7
APs EDIXGAL (Abalar) Azul 8, 9, 10 ...
Switch SIEGA Negro 24
Switchs implicados na rede Abalar Marrón 23, 22, 21, ...
Switchs non implicados na rede Abalar Negro 23, 22, ...

   

O servidor Abalar

   

ServidorO servidor Abalar xestiona e proporciona diversos servizos que son necesarios para o funcionamento da rede Abalar dos centros educativos:

  • Servizo de enderezos IP dinámicos para o equipamento EDIXGAL (Abalar)
  • Servidor puppet para a xestión centralizada
  • Aplicación de recursos educativos
  • Sistema de impresión Abalar
  • Servizo de clonación/restauración do equipamento EDIXGAL (Abalar).
  • Servidor proxy para web con caché (Squid)
  • Cacheador de navegación (apt-cacher-ng)
  • Ferramentas de monitorización (nagios, ocs, dashboard, ...)
  • Backup de recursos

   

A xestión e o mantemento do servidor realízase en remoto desde os servizos centrais, polo que os centros educativos non teñen que realizar ningún tipo de intervención neste sentido.

   


Última modificación: Martes, 12 de Xaneiro de 2021, 18:39