1. O software libre na educación

  O software libre na educación


Conceptos básicos


  • O uso do software libre na educación posibilita que tanto o profesorado como o alumnado poidan dispoñer libremente nos seus domicilios do mesmo software co que traballan no seu centro educativo, xa que o software libre permite copiarse e distribuírse libremente. 
     
  • O software libre está baseado en estándares internacionais abertos e libres, polo que ensinar con software libre implica ensinar e aprender a usar a tecnoloxía e non un produto concreto dunha determinada marca. 
     
  • A liberdade de uso do software libre permítenos cambiar de software en calquera momento e tantas veces como sexa necesario sen que isto represente necesariamente ningún desembolso económico. Neste sentido, o uso de software libre tamén crea usuarios e profesionais independentes dun determinado entorno de software. 
     
  • O software libre permite entender o seu funcionamento, modificalo, melloralo e adaptalo ás nosas necesidades.

  • O uso do software libre na educación crea comunidades de coñecemento compartido. Ao compartir coñecementos e ferramentas educativas entre alumnado, docentes e centros educativos, facilítase a reutilización de estratexias educativas de éxito e favorécese unha educación asentada sobre valores como as comunidades, a compartición de coñecemento e o traballo en equipo.

  • O software de fontes abertas é un dos tipos de software máis seguros que existen, dificulta os ataques externos e ten unha incidencia mínima de virus e troianos.

  • As ferramentas abertas permiten ao profesorado traballar con ferramentas adaptadas á realidade do alumnado. As ferramentas abertas poden ser traducidas a calquera idioma, poden incorporar axudas técnicas adaptadas á discapacidade e poden personalizarse para atender necesidades específicas do alumnado.

  • O uso de software libre e software de fontes abertas na educación, constitúe un modelo educativo en sí mesmo: libre, democrático, sostible e tecnolóxicamente competitivo.



 

  Maqueta Abalar Libre      

Última modificación: Domingo, 20 de Decembro de 2020, 09:14