5.12. Copia de seguranza e restaurar

Copia de seguranza e  restaurar

Copia de seguranza
Imaxe 5.12.1. Copia de seguranza e restaurar

Coa ferramenta Copia de seguranza, Moodle permite gardar todo o contido e a actividade dos alumnos dun curso nun único ficheiro comprimido (mbz). Posteriormente, coa opción Restaurar, todo ou parte do contido desta copia pode recuperarse sobre o mesmo curso ou sobre outros cursos nos que o usuario teña permisos de profesor. Ademáis, Moodle conta coa opción Importar, que facilita o traslado de Recursos e Actividades de un curso a outro sempre que sexa dentro da mesma instalación de Moodle.

Como se crea unha copia de seguranza 

  1. Desde a páxina principal do curso, no bloque Administración, en Administración do curso, pulsar en “Copia de seguranza”.

  2. Na "Configuración inicial" debemos indicar se desexamos: 
    - Incluír os usuarios matriculados
    - Anonimizar a información dos usuarios
    - Incluír as asignacións de rol de usuario
    - Incluír as actividades
    - Incluír os bloques
    - Incluír os filtros
    - Incluír os comentarios
    - Incluír as distincións
    - Incluír as actividades do calendario
    - Incluír detalles do grado de avance do usuario
    - Incluír os rexistros do curso
    - Incluír o historial de cualificacións
    - Incluír o banco de preguntas
  3. Pulsa en “Seguinte” para pasar á pantalla de "Configuración do esquema" onde se mostran todos os temas, recursos e actividades do curso. Deberás marcar todos os elementos que queiras incluir na copia. Ademáis, de cada elemento poderás indicar se na copia queres almacenar a actividade dos alumnos (cualificacións, ficheiros enviados, etc.). 

  4. Pulsa en "Seguinte" para pasar á pantalla de "Configuración e revisión" onde se presenta o contido da copia para a súa comprobación. Se todo está correcto, pulsa en “Facer a copia de seguranza”. 

  5. A continuación móstrase o ficheiro coa copia de seguranza realizada. O ficheiro deberás descargalo pulsando en “Descargar” (Baixar) e gardalo no teu ordenador. 

Como se restaura unha copia de seguranza 

  1. Sitúate no curso onde queiras restaurar a copia de seguranza. No caso de que aínda non exista, crea un novo curso (sen contidos) para restaurar nel a copia de seguranza.

  2. Desde a páxina principal dese curso, no bloque Administración, en Administración do curso, pulsar en “Restaurar”.

  3. Localiza o ficheiro que contén a copia de seguridade. Pódese obter de tres fontes diferentes:
    3.1. Desde o "Selector de ficheiros", pulsando en “Seleccionar un ficheiro” ou directamente arrastrando sobre o recadro.
       (Esta será a opción que debes usar para restaurar un curso desde un Moodle a outro Moodle diferente)
    3.2. Desde a "Área da copia de seguranza do curso", onde se gardan as copias de seguranza do curso, á que teñen acceso todos os profesores do curso.
    3.3. Desde a "Área da copia de seguranza privada do usuario", á que só ten acceso o usuario que realizou esa copia. . 

  4. Pulsa no botón “Restaurar” se seleccionaches o ficheiro desde o "Selector de ficheiros" ou no enlace “Restaurar” da copia correspondente.

  5. No primeiro paso, "Confirmar", preséntanse os detalles da copia de seguranza. Se está realizada cunha versión anterior, Moodle tratará de convertirla. Pulsa en “Continuar”. 

  6. No segundo paso, "Destino", debes seleccionar o curso onde queres restaurar esta copia de seguranza. En pantalla verás as seguintes 3 posibilidades:
    6.1. Restaurar como curso novo
    6.2. Restaurar neste curso (se antes creaches un curso novo, ésta será a opción que debes elixir)
    6.3. Restaurar nun curso existente
    En calquera das 3 opcións anteriores debes seleccionar se o contido da copia será engadido ao que xa hai no curso (fusionar co contido actual) ou se primeiro será eliminado todo o contido actual do curso e será substituído polo contido da copia (eliminar o contido actual e despois restaurar).

  7. No terceiro paso, "Axustes", debes confirmar os axustes iniciais que contén a copia e pulsar o botón "Seguinte"

  8. No cuarto paso, "Esquema", preséntanse todos os temas, recursos e actividades que almacena a copia de seguranza. Por defecto xa aparecen marcados todos os axustes seleccionados previamente. Nesta pantalla pulsa o botón "Seguinte".

  9. No quinto paso, "Revisar", comproba que se vai restaurar o contido desexado e pulsa o botón "Executar a restauración"

  10. Cando finalice o proceso, aparecerá unha mensaxe de "Curso restaurado satisfactoriamente". Pulsa o botón "Continuar" para finalizar.

Última modificación: Mércores, 25 de Decembro de 2019, 20:33