5.5. As enquisas

Para que serven as enquisas? 

A enquisa permítelle ao profesor realizar unha serie de preguntas aos alumnos e analizar as súas respostas. As enquisas pódense configurar para que sexan anónimas.

Como exemplos de uso poderiamos crear unha enquisa para coñecer a opinión dos alumnos sobre unha determinada asignatura, sobre os contidos da propia asignatura, sobre as prácticas, ... etc.

Como se crea unha enquisa? 

  1. Activar o modo edición
  2. No tema que se desexe, pulsar sobre "Engadir unha actividade ou un recurso"
  3. Seleccionar o tipo de actividade "Enquisa"
  4. Pulsar o botón "Engadir"

Actividade enquisa
Imaxe 5.4.1  Actividade tipo Enquisa

Os aspectos que podemos configurar das enquisas clasifícanse en en varios apartados.

No campo "Nome" introduciremos un título para identificar a esta enquisa, así como unha pequeno párrafo no campo "Descrición" para definir os obxectivos da propia enquisa ou o modo de funcionamento. 

Ademáis deberemos escoller tamén o "Tipo de enquisa" que queiramos aplicar. Hai dispoñíbeis tres tipos de enquisa diferentes:

  • ATTLS - Attitudes to thinking and Learning Survey, ou o que é o mesmo, actitudes de pensamento e aprendizaxe. Serve para medir o grado no que o alumno é un «coñecedor conectado» (tende a gozar máis da aprendizaxe, é máis colaborativo e está disposto a aprender das ideas dos demais), ou ben é un «coñecedor desconectado» (tende a adoptar unha actitude de aprendizaxe máis crítica e argumentativa).
  • Critical incidents survey, ou Enquisa de incidentes críticos
  • COLLES - Constructivist on line Learning Enviroment Survey, ou o que é o mesmo, enquisa en liña sobre o entorno de aprendizaxe constructivista. Serve para facer o seguimento do nivel no que a capacidade interactiva da World Wide Web pode ser explotada para que os alumnos se involucren en prácticas educativas dinámicas.

Última modificación: Mércores, 25 de Decembro de 2019, 19:46