5.3. Os foros

Para que serven os foros? 

O foro é unha ferramenta de comunicación e traballo. Un foro pode verse como un taboleiro de mensaxes en liña onde os profesores e os alumnos poden colocar novas mensaxes ou responder a mensaxes antigas, creando desta maneira fíos de conversa.

Actividade tipo Foro
Imaxe 5.2.1  Actividade tipo Foro

Os participantes no curso (alumnos e profesores) poden realizar as súas intervencións no momento que queiran e éstas quedarán rexistradas de forma automática co nome do seu autor así como a data e hora da súa publicación.

Moodle permite crear distintos tipos de foro, dando a posibilidade de incorporar ficheiros adxuntos a cada mensaxe e incluso (depende da configuración do foro) cualificando as intervencións. Nos foros tamén é posible subscribirse, de maneira que o usuario recibirá un correo electrónico con cada nova intervención.

Como se crea un foro? 

Para engadir un foro ao noso curso debemos seguir os seguintes pasos:

  1. Activar o "modo edición".
  2. No tema que se desexe, pulsar sobre o enlace "Engadir unha actividade ou un recurso".
  3. Seleccionar a actividade "Foro" (imaxe 5.2.1)
  4. Pulsar o botón "Engadir".

Os aspectos configurables dun foro aparecen clasificados por apartados, dos que destacamos os seguintes:

Xeral

Nome do foro = Introduce o nome que queiras para identificar o foro.

Descrición = Un pequeno texto onde se explique a temática do foro, os tipos de debates que se permiten ou calquera outra circunstancia que se queira indicar.

Tipo de foro = Será necesario seleccionar un tipo de foro, de entre os seguintes:

Foros
Tipo de foro Como funciona
Cada persoa comenta unha discusión Cada alumno pode comentar un novo tema de debate, e todos poden responder.
Foro de preguntas e respostas (P e R) Os alumnos primeiro deben escribir os seus puntos de vista antes de ver os comentarios dos demais.
Foro estándar para uso xeral É un foro aberto no que calquera pode comezar un novo tema de debate en calquera momento.
Foro estándar presentado nun formato semellante ao dun blog É un foro aberto no que calquera pode comezar un novo tema de debate en calquera momento e no que os temas de discusión amósanse nunha páxina con ligazóns «Discute este tema».
Unha discusión simple única Un único tema de discusión que todos poden responder (non se pode utilizar con grupos separados)

Anexos e reconto de palabras

O profesor pode decidir se permite xuntar ficheiros ás intervencións dos participantes e, de ser así, tamén pode decidir o tamaño máximo do ficheiro xunto. Ademáis tamén poderá configurar o número máximo de ficheiros anexos así como o número de palabras utilizadas en cada mensaxe.

Subscrición e seguimento

A modalidade de subscrición implica que se envíe unha copia de cada intervención no foro a todos os participantes do curso, de acordo aos seguintes criterios:

  • Subscrición opcional
    Cada usuario pode decidir se desexa estar subscrito ou non
  • Subscrición forzada
    O profesor obriga a que todos os usuarios estean subscritos, sen posibilidade de que poidan darse de baixa individualmente
  • Autosubscrición
    O profesor deixa inicialmente subscritos a todos os participantes, pero cada un individualmente pode decidir darse de baixa
  • Subscrición desactivada
    O profesor non permite a subscrición de ningún usuario a ese foro.
Última modificación: Mércores, 25 de Decembro de 2019, 19:45