5.1. Que son as actividades e para que serven

Selector de actividades
Imaxe 5.1.1  Selector de actividades

Unha actividade é un nome xenérico que Moodle utiliza para denominar un elemento interactivo, sobre o que o alumno deberá realizar determinadas accións propostas polo profesor.

Por defecto, en Moodle 2.x o selector de actividades aparece sempre activado polo que se mostra un único enlace para seleccionar tanto unha actividade como un recurso. Se pulsamos sobre o menú "Desactivar o selector de actividades" (imaxe 5.1.1) cambiamos o modo do selector de actividades e recursos, de maneira que se mostran dous selectores separados: un selector para os recursos e outro selector para as actividades (imaxe 5.1.3).

Hai 14 tipos diferentes de actividades na versión estándar de Moodle 2.x, que poden ser seleccionadas e configuradas polo profesor dun curso despois de pulsar o botón "Activar edición" e seleccionar os enlaces "Engadir un recurso", "Engadir unha actividade" ou "Engadir unha actividade ou un recurso".

No Moodle do proxecto Webs Dinámicas inclúense ata 20 tipos diferentes de actividades, dos que veremos algúns deles nos seguintes apartados deste tema.

  • Os foros
  • As conversas (Chat)
  • As enquisas
  • A escolla (Consulta)
  • O glosario
  • A lección
  • A proba (Cuestionario)
  • As tarefas

Engadir actividades e recursos

Imaxe 5.1.2  Selector de actividades activado

Engadir actividade ou recurso
Imaxe 5.1.3  Selector de actividades desactivado

Última modificación: Mércores, 25 de Decembro de 2019, 19:45