4.7. Engadir un libro

Para que serve un libro? 

Un libro permite ao profesor crear un conxunto de páxinas cun orden e unha xerarquía determinada. Os libros poden conter diversos tipos de ficheiros, entre eles os ficheiros multimedia, así como texto e son apropiados para presentar gran cantidade de información que pode subdividirse en seccións.

O módulo de libro permite crear capítulos principais e sub-capítulos pero non vai máis profundo, é dicir, non é posible crear un sub-capítulo dentro de outro sub-capítulo xa que este módulo está pensado para ser un recurso de uso sinxelo e directo.

O libro non é interactivo en sí mesmo, aínda que pode conter todo tipo de elementos multimedia como imaxe, vídeo, son, enlaces internos e externos, ... etc.

Como se crea un libro? 

Para engadir un libro a un curso teremos que seguir os seguintes pasos:

  1. Activar o "modo edición".
  2. No tema que queiramos do curso, pulsamos sobre o enlace "Engadir unha actividade ou un recurso".
  3. Seleccionamos a opción "Libro".
  4. Finalmente pulsamos o botón "Engadir".
Engadir un libro
Imaxe 4.7.1  Engadir un libro

No formulario que nos aparece a continuación deberemos escoller un "Nome" para dar título a este novo libro, así como un pequeno texto no apartado "Descrición"

Despois de que o libro está creado, para xestionalo (engadir capítulos e subcapítulos) empregaremos o cadro "Táboa de contidos" que aparece na parte superior esquerda da pantalla, unha vez que entramos no propio libro.

Táboa de contidos do libro
Imaxe 4.7.2  Táboa de contidos dun libro

Na seguinte táboa móstrase a funcionalidade de cada unha das iconas dispoñibles:

ICONAS DA TÁBOA DE CONTIDOS (xestionar un libro)
 Icona  Descrición
Abaixo  Mover ou desprazar o elemento (capítulo ou subcapítulo) cara abaixo, a unha posición inferior. 
Icono arriba  Mover ou desprazar o elemento (capítulo ou subcapítulo) cara arriba, a unha posición superior. 
Icono editar  Editar as propiedades do elemento. 
Icono eliminar  Borrar (eliminar) o elemento. 
Icono ocultar  Ocultar o elemento. 
Icono engadir  Engadir un novo capítulo ou subcapítulo. 

Última modificación: Mércores, 25 de Decembro de 2019, 19:44