4.5. Engadir un URL

Para que serve un URL? 

O recurso de tipo URL permite ao profesor engadir un enlace con calquera páxina web externa ou interna.

Normalmente podemos utilizar este recurso para incluír enlaces directos a determinados sitios de interese para alumnos, para que poidan visitalos sen necesidade de que teñan que escribir a dirección. Os URL poden mostrarse de varias maneiras, por exemplo abrir nunha ventá nova de maneira que o alumno poida acceder e usar este URL e despois pechalo regresando con facilidade á páxina orixinal do curso de Moodle.

Como se crea un URL? 

Engadir unha URL
Imaxe 4.5.1  Engadir un URL

Para engadir un URL no curso, deberemos seguir os seguintes pasos:

  1. Activar o "modo edición".
  2. No tema que queiramos do curso, pulsamos sobre o enlace "Engadir unha actividade ou un recurso".
  3. Seleccionamos a opción "URL".
  4. Finalmente pulsamos o botón "Engadir".

Existen determinados parámetros que debemos configurar, ondenados por categorías, entre os que destacamos os seguintes:

Xeral

Nome = Introducimos un nome que servirá como título para este recurso

Descrición = Escribimos un pequeno texto descritivo deste URL

Contido

URL externo = Neste campo escribimos a dirección da páxina web coa que queremos enlazar.

Apariencia 

Presentar = Este axuste, xunto co tipo de URL, e sempre que o navegador do usuario permita a integración, determina como se presenta o URL. As opcións poden incluír:

  • Automático - Seleccionase de forma automática a mellor opción para presentar o URL
  • Incorporado - Presentase o URL dentro da páxina baixo a barra de navegación xunto coa descrición do URL e calquera outro bloque
  • Abrir - Só se presenta o URL na xanela do navegador
  • En xanela emerxente - Presentase o URL dentro dunha nova xanela do navegador sen menús nin unha barra de enderezos
  • Nun marco - Presentase o URL dentro dun marco baixo a barra de navegación e a descrición do URL
  • Nova xanela - Presentase o URL nunha nova xanela do navegador con menús e a barra de enderezos

Última modificación: Mércores, 25 de Decembro de 2019, 19:43