4.3. Engadir unha páxina

Para que serve unha páxina? 

As páxinas de Moodle permiten ao profesor, usando o editor de texto, crear un recurso de tipo páxina web na que se poden incluír imaxes, texto, vídeos, sons, ligazóns ... etc, de maneira que son probablemente o tipo de recurso máis versátil.

O editor de texo (como vimos no primeiro apartado deste tema) ten un aspecto moi similar ao de calquera procesador de texto e parmite dar formato aos documentos posibilitando a incorporación dunha gran cantidade de elementos dixitais.

Como se crea unha páxina? 

Para engadir unha páxina a un tema do curso, haberá que seguir o sseguintes pasos:

  1. Activar o modo edición.
  2. No tema que se desexe, pulsar sobre o enlace "Engadir unha actividade ou un recurso".
  3. Seleccionar a opción "Páxina".
  4. Finalmente pulsar o botón "Engadir"

Engadir uhna páxina
Imaxe 4.3.1  Engadir unha páxina

Igual que con todos os demáis recursos, neste caso tamén é necesario introducir e configurar algúns datos para a creación dunha páxina, como por exemplo un "nome" que identificará a esta páxina e un pequeno texto a modo de "descrición" da propia páxina.

Xeral

Nome = Introducimos un nome que servirá como título para esta páxina.

Descrición = Escribimos un pequeno texto descritivo da páxina.

Presentar a descrición na páxina do cursoSe está activado, a introdución/descrición anterior presentarase na páxina do curso xusto embaixo da ligazón á actividade / recurso.

Contido

Contido da páxina = Aqui será onde deberemos introducir o contido da páxina propiamente dito: texto, imaxes, multimedia, ...

Última modificación: Mércores, 25 de Decembro de 2019, 19:42