4.2. Engadir e modificar recursos

O profesor ten a opción de mostrar ao alumno calquera tipo de documentación, ben sexa en formato texto, audio, video, etc.

A maneira de engadir contidos nun curso pasa por activar o “Modo Edición”, situarse en cualquera das seccións (temas) do curso e elixir unha das opcións de “Engadir unha actividade ou un recurso”.

Engadir actividade ou recurso
Imaxe 4.2.1  Engadir unha actividade ou recurso

No caso de querer modificar un recurso que xa foi configurado no curso, o profesor terá que activar o “Modo Edición”, desplegar as opcións de edición pulsando sobre “Editar” e seleccionar a opción “ Editar a configuración” que se atopa ao comenzo da lista desplegada e finalmente cambiar o que se desexe. Unha vez finalizado, “Gardar cambios”. 

Editar a configuración
Imaxe 4.2.2  Editar configuración

Engadir un ficheiro 

O profesor pode proporcionar un ficheiro como un recurso do curso. Cando sexa posíbel, o ficheiro presentarase dentro da interface do curso; se non é o caso, preguntaráselle aos alumnos se queren descargalo. 

Para engadir un ficheiro no curso, haberá que seguir os seguintes pasos:

  1. Activar o modo edición
  2. No tema que se desexe, pulsar sobre o enlace "Engadir unha actividade ou un recurso"
  3. Seleccionar a opción "Ficheiro"
  4. Pulsar o botón "Engadir"

Cando engadimos un ficheiro ao curso (igual que pasa con outro tipo de recursos) debemos configurar algúns aspectos como o "nome" co que queremos mostrar este ficheiro e unha pequena "descrición" do mesmo.

Engadir un ficheiro
Imaxe 4.2.3  Engadir un ficheiro

Última modificación: Mércores, 25 de Decembro de 2019, 19:42