3.8. Os bloques de Moodle

Os bloques, situados nas columnas dereita e esquerda da pantalla dun curso de Moodle, aportan ferramentas de moita utilidade para o desenvolvemento do curso. Un uso adecuado e unha configuración correctas dos bloques permiten ao profesor personalizar en certa medida o aspecto xeral do propio curso.

Bloques de Moodle
Imaxe 3.8.1 Bloques de Moodle

Todos os bloque dispoñen na súa esquina superior dereita do botón [ Enviar bloque ao dock ] que permite acoplar o bloque no dock, é dicir, no borde esquerdo da pantalla. Dende aqui, dende o borde esquerdo da pantalla, pode desplegarse e incluso volver a posicionarse no mesmo sitio onde estaba orixinalmente.

Existen varios bloques con funcionalidades e ferramentas moi diversas. Algúns deles traballan de forma independente e outros están conectados entre sí. Ao crear un curso aparecen uns determinados bloques por defecto.

Existen bloques fixos (non poden ser borrados) como por exemplo o "bloque Navegación" e o "bloque Administración", pero o resto de bloques poden ser engadidos ou borrados polo profesor do curso.

Bloque en modo edición
Imaxe 3.8.2 Bloque en modo edición

Co modo edición activado é posible mover, modificar, borrar, ocultar e asignar permisos locais nun bloque usando os botóns que aparecen na esquina superior dereita do bloque (imaxe 3.8.2).

Se o modo edición continúa activado, podemos atopar no fondo dos bloques da esquerda un pequeno bloque especial que permite engadir novos bloques ao curso (imaxe 3.8.3).

Engadir un bloque
Imaxe 3.8.3 Engadir un bloque

Última modificación: Mércores, 25 de Decembro de 2019, 19:40