3.7. Que son os agrupamentos e para que serven

Os agrupamentos son grupos de grupos, é dicir, conxuntos de grupos, polo que para poder crear un agrupamento o primeiro paso será que previamente xa existan grupos creados.

Para que serven os agrupamentos? 

Os agrupamentos permiten crear conxuntos de grupos, podendo asignar unha determinada actividade a ese agrupamento en concreto.

Como se crean os agrupamentos?

Cada agrupamento pode estar composto por un ou varios grupos. Para crear un agrupamento debemos dirixirnos ao seguinte menú:

Administración -> Administración do curso -> Usuarios -> Agrupamentos

  • En primeiro lugar pulsamos o boton "Crear agrupamento"
  • Escribimos un nome para identificar a este novo agrupamento e, se o desexamos, tamén unha pequena descrición.
  • A continuación pulsamos sobre a icona [ Icona grupos ] para asignar os grupos que queiramos a este novo agrupamento.

Agrupamentos
Imaxe 3.7.1 Agrupamentos

Como funcionan?

Despois de crear os agrupamentos pódese facer uso deles en calquera actividade.

Para asociar unha determinada actividade a un agrupamento, editamos a configuración desa actividade se pulsamos sobre o desplegable "Configuración común do módulo" para asignarlle un agrupamento.

Configuración común do módulo
Imaxe 3.7.2 Configuración común do módulo

Na páxina principal do curso aparecerá, ao lado da actividade, un aviso entre parénteses (só visible polo profesor, os alumnos non o ven) no que se indica o nome do agrupamento ao que vai dirixida esta actividade.

Actividade con agrupamento
Imaxe 3.7.3 Actividade con agrupamento

Última modificación: Mércores, 25 de Decembro de 2019, 19:40