3.3. Xestión das cualificacións dos alumnos

Moodle mostra no Libro de cualificacións as puntuacións que os alumnos obteñen nas actividades do curso. Podemos acceder a este Libro de cualificacións dende o menú "Administración -> Administración do curso -> Cualificacións" (imaxe 3.3.1)

Libro de cualificacións
Imaxe 3.3.1 Libro de cualificacións

A primeira vez que se accede ao libro de cualificacións preséntase a vista en modo Informe do cualificador, de maneira que se mostra unha táboa na que cada fila corresponde a un alumno e cada columna a unha actividade excepto a última columna que presenta a cualificación total obtida polo alumno (imaxe 3.3.2).

Cada vez que se engade unha nova actividade cualificable no curso, o libro de cualificacións crea automáticamente unha nova columna para esta actividade, de xeito que se pulsamos sobre o nome enlazamos con esa actividade en concreto.

O libro de cualificacións pode ser personalizado e modificado polo profesor. Pódese "activar edición" na parte superior dereita da pantalla e desta maneira poderemos facer calquera cambio.

Como se pode observar na imaxe 3.3.2, aparecen unha serie de recadros que mostran as puntuacións que cada alumno obtivo nas actividades do curso. Podemos modificar directamente as notas sobre esta táboa, sen necesidade de ir á actividade en concreto, pero se facemos isto non poderemos cambiar posteriormente a nota dende a actividade avaliada.

Tamén podemos ocultar, bloquear ou excluír unha nota dun alumno ou unha actividade completa pulsando a icona [ Editar cualificacións ]

Informe do cualificador
Imaxe 3.3.2 Informe do cualificador

Última modificación: Mércores, 25 de Decembro de 2019, 19:38