3.1. Matricular alumnos no curso

Moodle proporciona varios métodos para matricular alumnos no curso: matriculación manual, auto-matriculación, matriculación por círculos, matriculación dende un acceso como convidado, matriculación dende unha base de datos externa, matriculación dende un ficheiro de texo plano, ... etc.

No presente curso centrámonos únicamente no tipo de matriculación manual.

En primeiro lugar debemos situarnos dentro do curso correspondente e veremos como no bloque Administración aparece a opción de "Usuarios matriculados" (imaxe 3.1.1). Concretamente esta opción aparece na seguinte ruta de menús "Administración do curso -> Usuarios -> Usuarios matriculados".

Despois de pulsar sobre o menú anterior, Moodle mostrará unha pantalla onde nos presenta o botón "Matricular usuarios" na esquina superior dereita desta pantalla.

No caso de que xa exista algún usuario matriculado no curso, éste aparecerá no listado que mostra esta mesma pantalla.

Moodle considera como usuarios matriculados no curso a todos os usuarios que participan no propio curso asumindo algún rol: alumno, profesor, convidado, xestor, ... etc. Polo tanto, nun curso non só podemos matricular usuarios con rol de alumno, senón que podemos matricular usuarios que asuman calquera dos roles dispoñibles para ese curso.

Usuarios matriculados
Imaxe 3.1.1 Usuarios matriculados

O procedemento para matricular alumnos no curso (imaxe 3.1.2), usando o método de matrícula manual, será o seguinte:

  1. Situámonos dentro do curso correspondente, para que se active o menú de Administración do curso no bloque Administración.
  2. Seleccionar o menú "Administración do curso -> Usuarios -> Usuarios matriculados".
  3. Na nova pantalla que aparece, pulsar o botón "Matricular usuarios" que se mostra na esquina superior dereita.
  4. Aparece unha nova ventá emerxente onde debemos seleccionar "Alumno" no desplegable "Asignar roles". A continuación, pulsaremos o botón "Matricularse" que corresponda aos alumnos que queremos matricular no noso curso.
  5. Finalmente, pulsamos o botón "Rematar a matriculación de usuarios"

Matricular usuarios
Imaxe 3.1.2 Matricular usuarios

InformaciónTipos de matriculación dispoñibles en Moodle

Na táboa seguinte móstranse os distintos tipos de matriculación que proporciona Moodle, aínda que non todos eles están dispoñibles ou activados en todas as aulas virtuais.

Os tipos de matriculación que están activados por defecto no Moodle do proxecto Webs Dinámicas, aparecen identificados aqui co símbolo Icono activado e, polo contrario, as opcións de matriculación que están desactivadas por defecto aparecen identificadas co símbolo Icono desactivado

A activación dun determinado "plugin" ("engadido") de matriculación só pode ser configurado por un administrador da aula virtual. Un profesor sen permisos de administrador, pode decidir que tipo ou tipos de matriculación desexa para o seu curso de entre os que están activados na aula virtual.

Tipo  Activado   Características
 Matriculacións manuais  Icono activado  O administrador ou profesor do curso engade manualmente aos usuarios 
 Acceso como convidado  Icono activado  Os usuario poden ver os materiais do curso pero non poden participar
 Automatriculación  Icono activado  Os usuarios poden auto-matricularse a sí mesmos no curso
 Sincronizar círculo  Icono activado  Os usuarios forman parte dun "círculo" que será engadido ao curso
 Categoría matrículas  Icono desactivado  Os usuarios son matriculados en todos os cursos dentro dunha mesma categoría 
 Base de datos externa  Icono desactivado  Os usuarios son matriculados dende unha base de datos como pode ser Access, Base, MySQL, ... 
 Ficheiro simple (CSV)  Icono desactivado  Os usuarios son matriculados mediante un ficheiro con formato CSV
 Ficheiro IMS enterprise  Icono desactivado  Os usuarios son matriculados con este formato XML de ficheiro estándar
 Matriculacións LDAP  Icono desactivado  Os usuarios son autenticados e despois matriculados mediante LDAP
 Meta ligazón sobre curso  Icono desactivado  Os usuarios que son matriculados noutros cursos teñen un acceso automático ao curso actual 
 Matriculación MNet remotas  Icono desactivado  Os usuarios son matriculados mediante o acceso a outro sitio enlazado pola rede Moodle
 PayPal  Icono desactivado  Os usuarios pagan a súa matriculación mediante o sistema PayPal

Última modificación: Mércores, 25 de Decembro de 2019, 19:36