2.1. Que é Moodle?

A educación no actual século XXI vai moito máis alá dos tradicionais apuntes, os libros de texto e as aulas como os únicos espazos físicos onde se desenvolve o proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Constantemente escoitamos que se cuestiona o modelo de ensinanza tradicional e cada vez son máis os que plantexan e reclaman novas prácticas educativas máis activas e baseadas na consecución de competencias que contemplen todos os aspectos do proceso educativo.

Por outro lado, tendo en conta que Internet representa a maior revolución en canto á difusión do coñecemento dende a aparición da imprenta de Gutenberg, presisabamos unha plataforma que fose capaz de integrar as diferentes posibilidades que nos proporciona a Rede en canto ao seu aproveitamento educativo.

O día 20 de Agosto de 2002 publícase a primeira versión de Moodle (versión 1.0) e dende esa data ata a actualidade continúan publicándose periódicamente novas versións desta aplicación.

Moodle é unha plataforma web pensada para a formación a distancia que se sustenta sobre un sistema tecnolóxico ao que podemos denominar como de web dinámica e cunha estrutura pedagóxica que inclúe elementos do contrutivismo e do construcionismo.

Trátase dun software deseñado para ofrecerlles aos educadores a posibilidade de crear fácilmente cursos en liña de gran calidade, así como tamén entornos virtuais de aprendizaxe (EVA).

Este tipo de aplicacións, que se utilizan para poñer en marcha e xestionar unha formación, coñécense como xestores de contidos de formación ou tamén polas súas siglas en inglés "LCMS" (Learning Content Management System).

A palabra MOODLE xurde orixinalmente do acrónimo de "Module Object-Oriented Dynamic Learning Environment", que foi a denominación elixida polo seu creador orixinal Martin Dougiamas. Moodle é software libre, polo que no desenvolvemento desta aplicación colaboran actualmente moitas outras persoas de todo o mundo en canto á elaboración, modificación e actualización da propia aplicación.

 

Información

Moodle no proxecto Webs Dinámicas

Moodle é unha das tres aplicacións que forma parte do proxecto Webs Dinámicas dende o seu inicio (http://www.edu.xunta.es/centros/websdinamicas) como aplicación web para crear a Aula Virtual do centro educativo.

Igual que as outras dúas aplicacións do proxecto Webs Dinámicas (Drupal e Coppermine), Moodle está en constante evolución e actualización. Actualmente está instalada a versión 2.6 de Moodle para os centros educativos que forman parte do proxecto. 

 

Última modificación: Mércores, 25 de Decembro de 2019, 19:33