1. Introdución a WEBEX Educación
“WEBEX Educación” é unha das aplicacións empregadas na Xunta de Galicia para realizar reunións virtuais. Require que o usuario da aplicación dispoña dun ordenador con conexión a internet, micrófono e altofalante (ou cascos que inclúan ambas funcións) e unha cámara web.
Só é necesario que estea dada de alta na plataforma a persoa convocante da reunión. Se ti vas participar como convidado/a a asistir a unha reunión, só tes que seguir a ligazón que che envíen. Para convocar reunións, terás que acceder á aplicación introducindo o teu usuario e contrasinal.
Que fago se non teño activada a miña conta de Webex Ao longo do mes de marzo de 2020, todo o profesorado galego de ensino non universitario recibiu na súa conta de correo corporativa "@edu.xunta.gal" un correo remitido por Cisco que incluía un botón con texto "Actívate", no que era necesario premer para establecer un contrasinal específico para acceder a esta plataforma. Se non activaches a túa conta en Webex naquel momento, agora deberás poñerte en contacto coa U.A.C. (Unidade de Atención a Centros) para que che habiliten de novo a activación da túa conta en Webex. |
https://eduxunta.webex.com
USUARIO = A túa conta de correo corporativa, rematada en .gal (usuario@edu.xunta.gal) |
CONTRASINAL = O contrasinal específico que configuraches para Webex |
Abre o teu navegador e introduce a URL de acceso á plataforma Webex. Para acceder á plataforma Webex recomendamos o uso do navegador de internet Chrome para calquera dos sistemas operativos Linux, Windows e MacOS. A continuación pulsa o botón "Iniciar sesión".
Introduce o teu enderezo de correo corporativo, rematado en ".gal". Asegúrate de que introduces o teu enderezo de correo completo rematado en ".gal" e non rematado en ".es", xa que no caso de introducir o teu enderezo de correo rematado en ".es" o sistema non che permitirá o acceso.
Introduce o contrasinal que configuraches para acceder a Webex cando activaches a túa conta. Lembra que este é o contrasinal específico que configuraches para acceder a Webex e non é o mesmo que usas para acceder á túa conta de correo corporativo.
Despois de indentificarte entras directamente na pantalla principal de Webex, desde onde podes acceder a todas as funcionalidades que che ofrece esta plataforma. Neste pantalla de inicio podes ver cal é a URL da túa sala persoal de usuario, aínda que poderás crear todas as salas que necesites.
Debes recordar que ... Para o uso da plataforma WEBEX recomendamos o uso do navegador de internet Chrome, para calquera dos sistemas operativos Linux, Windows e Mac OS. |