8. Funcionalidades avanzadas en Falemos

  Funcionalidades avanzadas en Falemos


Para optimizar a celebración das videoconferencias, para as persoas anfitrioas atópanse dispoñibles unha serie de funcionalidades avanzadas na plataforma:

  1. Xestión dos participantes
    - Silenciar o micrófono dun participante ( dito participante recibirá un aviso)  
    - Expulsar da sala a un participante se entrou nunha de xeito equivocado (por iso se recomenda empregar un nome de certa complexidade e un contrasinal para as salas)
    - Enviar mensaxe privada aos participantes (tamén dispoñible para os participantes)

  2. Outras opcións avanzadas
    A maioría destas opcións están dispoñibles tanto para as persoas anfrioas como para os participantes:
    - Introducir e modificar o nome que se amosa e pechar sesión na plataforma (premendo na primeira opción)
    - Administrar a calidade da videoconferencia, en casos de conexión a internet lentas
    - Activar o modo de pantalla completa
    - Compartir un video de Youtube (mostrarase o mesmo como un novo participante na reunión)
    - Axustes
       - Da cámara, son e micrófono
       - Perfil do usuario (nome , inicio/peche de sesión )
       - Outros axustes : permite configurar o idioma e os valores de inicio da reunión para os participantes (so para anfitrión/a): micrófono/cámara encendida ou apagada,..etc)
    - Silenciar a todos os membros (deberán conectar o seu micrófono manualmente)
    - Consultar a listaxe de participantes e as estadísticas de locución de cada un deles
    - Consultar os distintos accesos directos que ten a plataforma (mediante combinación do teclado do equipo.)
    

 

   

   

  Falemos         

Última modificación: Luns, 23 de Novembro de 2020, 16:19