9. Uso da app para móbil e tablet

  Uso da app para móbil e tablet


Falemos, baseado na solución de open source Jitsi, está dispoñible para smartphones e tablets Android e IOS a través da APP Jitsi Meet

A través da APP poderás realizar videoconferencias de igual maneira que no teu ordenador, agás compartir a pantalla doutras aplicacións. 

Na APP aparecen visibles algunhas funcionalidades que non están dispoñibles na versión do navegador, como poden ser a posibilidade de realizar transmisións en vivo, a utilización de subtítulos e a gravación de videoconferencias.

  1. Instala a APP Jitsi Meet no teu dispositivo desde Google Play (Android) ou APP Store (IOS). Ao abrila pode solicitarche permisos sobre o micrófono e a cámara do teu dispositivo.


  2. No menú Axustes configura os datos da aplicación:
    O teu nome e apelidos e o enderezo do servidor https://falemos.edu.xunta.gal 
    Igualmente poderás configurar a posibilidade de iniciar as reunións coa cámara e o micrófono do teu dispositivo apagados de tal xeito que se deberán activar manualmente unha vez completado o acceso á sala de reunións.

  3. Desde a pantalla de acceso da APP terás dispoñibles as mesmas opcións que dende o ordenador: crear unha sala de reunións nova ou acceder a unha xa creada. Antes de crear a primeira sala terás que introducir o teu usuario e contrasinal corporativos.

  4. Na pantalla principal temén está dispoñible a opción “Calendario”. Se se selecciona, solicitaranse permisos para acceder ao calendario do teléfono e, se se lle dan os permisos, a aplicación mostrará na pantalla inicial os teus eventos máis próximos no calendario.


     

  Falemos         

Última modificación: Mércores, 18 de Novembro de 2020, 11:15