6. Comprobacións previas de cámara e micrófono

  Comprobacións previas de cámara e micrófono

  

Antes de realizar ou unirse a unha videoconferencia podes validar que o teu equipo funciona correctamente desde a páxina de inicio de Falemos.

    

  1. Accede a Falemos (https://falemos.edu.xunta.gal) e preme na icona da roda dentada da esquina superior dereita da pantalla.

  2. Verás a imaxe da túa cámara, podes reproducir un son de proba e validar o teu micrófono.

    Cos distintos despregables podes escoller os dispositivos de son e vídeo que usarán para a videoconferencia no caso de que algún deles non o detecte automaticamente a plataforma.

  3. No caso de non realizar os pasos anteriores, ao tentar acceder a unha reunión o navegador empregado solicitarachee os permisos precisos para a conexión da cámara e do micrófono do teu equipo. Igualmente, no caso de que a plataforma non recoñeza a túa cámara e micrófono ao aceder a unha reunión, amosarache un aviso que se poderás pechar aceptándoo, indicando así que foi lido.



   

   

  Falemos         

Última modificación: Martes, 17 de Novembro de 2020, 15:52