4. Iniciar unha sala de reunións

  Iniciar unha sala de reunións

  

Chegada a data e hora previstas para a celebración da reunión procederase a iniciar a mesma pola persoa anfitrioa ou convocante.

  • En caso dunha sala na que desexe activar a “Sala de Espera”, a persoa convocante/organizadora debe ser a primeira en acceder a sala e activar a “Sala en espera” como se indica no apartado “Configurar a seguridade da sala”.

    Este tipo de seguridade é preciso activala en cada sesión que se realice na sala, non quedando activa en caso de activala con antelación.

    Cando as persoas convidadas comecen a solicitar o acceso, a persoa organizadora verá unha mensaxe para DENEGAR ou AUTORIZAR o acceso.
        

     

  • En caso dunha sala para que se estableza contrasinal, solicitarase a todas as persoas da reunión (anfitrión/a e participantes) a introdución do contrasinal da reunión que foi establecida no momento da creación da mesma pola persoa anfitrioa ou convocante.
    Dado que o contrasinal das salas ten unha vixencia de 30 días, pode ser reutilizada en varias ocasións para a realización de reunións.
        



  Falemos         

Última modificación: Luns, 16 de Novembro de 2020, 22:43