3. Configurar a seguridade da sala

  Configurar a seguridade da sala


Recoméndase protexer a sala para que persoas non autorizadas non poidan acceder á reunión. Para isto dispoñemos de dous métodos para escoller: 

  • protección con “sala en espera” 
  • protección mediante contrasinal.


As opcións de seguridade atópanse na icona laranxa que pode atopar na esquina inferior dereita con forma de escudo. Premendo nesta icona poderá escoller entre os dous sistemas de seguridade.



    

Despois de pulsar sobre o escudo, accedemos ás opcións de seguridade que nos ofrece a configuración da sala que acabamos de crear na plataforma FALEMOS.

    



Sala de espera

Activando a "Sala de Espera" no momento da conferencia non será preciso establecer unha contrasinal para a sala. Calquera invitado que acceda á URL da reunión quedará en espera, mentres á persoa organizadora sáltalle un aviso da solicitude de acceso, que poderá aceptar ou rexeitar.

Contrasinal da sala

Podemos engadir un contrasinal premendo en "Agregar Contraseña", de maneira que quedará establecido un contrasinal cunha vixencia de 30 días, de tal xeito que ao inicio da reunión será solicitado tanto á persoa anfitrioa como aos participantes. 

Pasada a vixencia de 30 días, será preciso establecer novamente un contrasinal para esta mesma reunión ou crear unha sala nova.

Para eliminar o contrasinal bastará con acceder á mesma icona das opcións de seguridade (escudo) e premer o botón Eliminar que aparecerá xunta ao contrasinal unha vez estea establecido.

Lembra comunicar o contrasinal ao resto de participantes para que poidan acceder á sala.

   

Unha vez establecida a medida de seguridade, a icona das opcións de seguridade pasará a cor verde. 

En caso de escoller o método de Sala en Espera, a persoa organizadora debe ser a primeira en acceder para activalo e controlar o acceso dos/as convidados/as.

      



      

    

 

icono-recordar.png

Debes recordar que ...

Para o uso da plataforma Falemos recomendamos o uso do navegador de internet Chrome , para calquera dos sistemas operativos Linux, Windows e Mac OS.

     

   

  Falemos         

Última modificación: Martes, 17 de Novembro de 2020, 15:38