2. Crear unha sala de reunións

  Crear unha sala de reunións


É recomendable, cando se convoca unha reunión virtual, que se cree con anterioridade unha sala virtual e que se inclúa a súa información na convocatoria ao resto de participantes.

Os pasos a seguir para crear unha sala son os seguintes:

  1. Accede a https://falemos.edu xunta.gal, rexistra o nome da sala e preme o botón IR

  2. Lembra que, se é a primeira vez que accedes terás que introducir o teu nome de usuario e contrasinal. 

  3. Os nome da sala de reunións debe seguir na maneira do posible as seguintes normas
    1. Non debe incluír tildes, comas nin puntos
    2. O nome da sala debe ser o suficientemente descritivo como para que os asistentes a identifiquen con claridade


Algúns exemplos:

  • Grupo_Quinto_Primaria_A
  • Matematicas_Segundo_ESO_B
  • Reunion_Coordinacion_COVID
  • Claustro_NomeCentroEducativo

     

 

   

Despois de pulsar sobre o botón IR, se somos o afintrión da reunión, deberemos introducir o nome de usuario e contrasinal corporativos para poder crear a sala.

   

   

   

Se os datos que introducimos son correctos e corresponden co usuario e contrasinal da nosa conta corporativa, créase a sala da que nós xa formamos parte como anfitrión.

 



Invitar a máis persoas

Pulsando sobre o botón  ou sobre a icona    móstrase un novo recadro que nos permite crear as invitacións para enviarlles ás personas que desexemos que se unan a esta reunión (sala) que acabamos de crear en Falemos.




Desde este novo recadro podemos copiar a ligazón da sala para enviala (por correo electrónico ou polo método que queiramos) ao resto de participantes.

      

 

icono-recordar.png

Debes recordar que ...

Para o uso da plataforma Falemos recomendamos o uso do navegador de internet Chrome , para calquera dos sistemas operativos Linux, Windows e Mac OS.

     

   

  Falemos         

Última modificación: Martes, 17 de Novembro de 2020, 15:36