1. Introdución a Falemos Educación

  Introdución a Falemos Educación


FALEMOS Edu” é unha das aplicacións empregadas na Xunta de Galicia baseada no software libre JITSI para realizar reunións virtuais, reunións de coordinación, sesións de docencia, ... garantindo en todo momento a confidencialidade e seguridade nas comunicacións. Require que a persoa usuaria dispoña dun dispositivo con conexión a internet (PC, smartphone, tablet ) , micrófono e altofalante (ou cascos que inclúan ambas funcións) e unha cámara web facilitando deste xeito a colaboración en situacións de teletraballo e/ou as reunións entre persoas deslocalizadas.


https://falemos.edu.xunta.gal



   

Requisitos de acceso


Para poder convocar unha reunión virtual na plataforma “Falemos Edu” as persoas usuarias deberán cumprir os seguintes requisitos: 

  • O convocante debe ser un docente dun centro educativo galego cunha conta de correo do dominio "@edu.xunta.gal"
  • O resto dos asistentes deben coñecer a URL da sala creada, así como as claves de acceso en caso de acceso restrinxido.

Polo tanto, para acceder a FALEMOS Edu (https://falemos.edu.xunta.gal) só é necesario un dispositivo con conexión a internet e un navegador de internet (recomendado "Chrome").

Para poder asistir como convidado a unha reunión en Falemos Edu, só deberás pulsar na ligazón que che envíen da sala virtual na que se realizará a reunión.

     

   

 

icono-recordar.png

Debes recordar que ...

Para o uso da plataforma Falemos recomendamos o uso do navegador de internet Chrome , para calquera dos sistemas operativos Linux, Windows e Mac OS.

     

   

  Falemos         

Última modificación: Martes, 17 de Novembro de 2020, 16:14