4.4. Un exemplo de uso de agrupamentos

   Un exemplo de uso de agrupamentos

EDIXGAL

Un exemplo de uso de agrupamentos

Nas seguintes imaxes móstrase un exemplo de como se visualizan dous elementos configurados para un Agrupamento:

  • Un tema (da editorial aulaPlaneta), neste caso a restrición ao agrupamento realizase directamente engadíndoa na configuración do elemento.

  • Unha actividade (de tipo tarefa)

 

Vista do profesor

Como podemos comprobar na imaxe que se mostra a continuación, o docente sempre pode ver todos os elementos introducidos en cada tema, independentemente de a quen vaia destinado cada un deles. 
Para contido destinado a un agrupamento, o EVA mostra información de a que agrupamento vai destinado. No exemplo que aparece a continuación os dous contidos van destinados ao "Agrupamento 1".

 

 

 

Vista dun alumno membro do agrupamento

 Os alumnos que forman parte do agrupamento ao que van destinados eses elementos (un tema + unha actividade) poden visualizar e acceder normalmente a eses contidos. A estes alumnos en ningún caso se lles mostra ningunha información que lles indique que eses contidos van destinados a eles e non outros compañeiros, sempre e cando se ocultase a restrición.

 

 

Vista dun alumno que non é membro do agrupamento

Os alumnos que non forman parte do agrupamento ao que van destinados eses elementos (un tema + unha actividade) non poden velos, polo que para eles é como se non existiran eses contidos.

 

 

  



EDIXGAL
Última modificación: Mércores, 12 de Xullo de 2023, 14:09