4.3. Que son os agrupamentos e para que serven

   Que son os agrupamentos e para que serven

EDIXGAL

Que son os agrupamentos e para que serven

Os agrupamentos son grupos de grupos (conxuntos de grupos), polo que para poder crear un agrupamento o primeiro paso será que previamente xa existan grupos creados.

 

Para que serven os agrupamentos?

Os agrupamentos permiten crear conxuntos de grupos, podendo asignar unha determinada actividade a ese agrupamento en concreto. É dicir, por exemplo, se queremos crear unha "Tarefa" que vaia destinada a algúns alumnos en concreto e que os demais non a poidan ver, deberemos crear primeiro un grupo con eses alumnos e a continuación converter ese grupo en "agrupamento".

Aínda que os agrupamentos están pensados como "grupos de grupos", en realidade tamén podemos crear un agrupamento que conteña un único grupo.

Polo tanto, no EVA podemos crear actividades destinadas en exclusiva a un determinado "agrupamento", de maneira que só os integrantes dese agrupamento poderán acceder a esas actividades.

Os agrupamentos incrementan as posibilidades de traballo con grupos.

 

Como se crean os agrupamentos?

Cada agrupamento pode estar composto por un ou varios grupos. Para crear un agrupamento debemos dirixirnos ao seguinte menú:

Administración -> Administración da materia -> Usuarios -> Grupos -> Agrupamentos

 


 

En primeiro lugar pulsamos o botón "Crear agrupamento"

Escribimos un nome para identificar a este novo agrupamento e, se o desexamos, tamén unha pequena descrición. A continuación pulsamos sobre o botón "Gardar modificacións".

 

 

 

Agora pulsamos sobre a icona [  ] para asignar os grupos que queiramos a este novo agrupamento.

 

 

Na pantalla de selección de grupos, en primeiro lugar marcamos (facemos clic) sobre o(s) grupo(s) que queiramos incluír dentro do noso agrupamento e a continuación pulsamos sobre o botón central "Engadir".

 

  

Como funcionan os agrupamentos?

Despois de crear os agrupamentos pódese facer uso deles en calquera actividade.
Para asociar unha determinada actividade a un agrupamento, editamos a configuración desa actividade e pulsamos sobre o despregable "Configuración común do módulo" para asignarlle un agrupamento. 

 

 

Cando pulsamos sobre "Configuración común do módulo" móstranse as opcións que debemos configurar.

  


 

 No despregable "Modo de grupo" podemos seleccionar as seguintes opcións:

  • Grupos separados
    Cada membro do grupo só pode ver o seu propio grupo, os demais son invisibles para el
  • Grupos visibles
    Cada membro do grupo traballa dentro do seu grupo, pero tamén pode ver aos outros grupos

No despregable “Agrupamento” seleccionamos o agrupamento creado anteriormente.

 

 

 É importante marcar a opción "Engadir restrición de acceso a grupo", que automaticamente vai a establecer unha restrición de acceso que permitirá que unicamente vexan a tarefa os membros do agrupamento. En caso de haber máis agrupamentos ou alumnos non incluídos neste agrupamento, estes alumnos non poderán ver esta actividade (tarefa).

 

 
 

Con esta configuración que acabamos de realizar na actividade (tarefa), unicamente os alumnos integrados nese agrupamento poderán acceder a esta tarefa.

 

 Para finalizar pulsaremos o botón "Gardar e volver á materia" ou "Gardar e mostrar".

 



EDIXGAL
Última modificación: Luns, 17 de Xullo de 2023, 18:23