5.5. Administración e xestión dos membros da comunidade

  Xestionar membros da comunidade

    

Administrar e xestionar os membros das comunidade  

Os administradores dunha comunidade poden xestionar íntegramente todos os membros da súa propia comunidade. Desde o menú "Administrar - Comunidades - Membros" dispoñen dun selector/buscador de membros da comunidade, en función da situación actual de cada membro:

   

  • Usuarios que pediron formar parte da comunidade
  • Usuarios que non pediron formar parte da comunidade
  • Usuarios que abandoaron a comunidade
  • Usuarios inscritos na comunidade
  • Usuarios que foron invitados 

    


    

Cando se desprega o selector "Usuarios para mostrar" podemos acceder a unha selección automática dos usuarios que teñen ou tiveron nalgún momento algunha relación coa comunidade.

Despois de seleccionar o tipo de usuarios que estamos buscando, na parte inferior veremos dous recadros (recadro esquerdo e recadro dereito) que nos permiten realizar o tipo de xestión que desexamos. A funcionalidade do recadro da dereita cambia en función do tipo de usuarios mostrado.

    

  

  

Cando se selcciona a opción "Usuarios que pediron formar parte da comunidade", o recadro da dereita permítenos aceptar ou rexeitar as peticións de acceso á comunidade enviadas á nosa comunidade por parte dos usuarios.

    

 

 

    

 

 


  Agueiro      

Última modificación: Sábado, 22 de Outubro de 2022, 09:27