5.6. Buscar e seleccionar usuarios

  Buscar e seleccionar usuarios

  

icono-importante.png As opcións descritas neste apartado únicamente están dispoñibles para os administradores da comunidade.

 

Buscar e seleccionar usuarios 

 

Os administradores dunha comunidade poden realizar buscas selectivas dos usuarios da súa propia comunidade, para despois realizar determinadas accións sobre os usuarios que seleccionen.

 

 

 

Opcións avanzadas de busca 

Desde a opción de busca avanzada (Opcións avanzadas) os administradores da comunidade poden realizar buscas filtrando por determinados criterios de datos persoais (nome, apelidos) ou por criterios de acceso á plataforma: usuarios que nunca iniciaron sesión, usuarios que non iniciaron sesión desde unha determinada data, ... etc




O botón "Editar usuarios seleccionados" 


Despois de seleccionar os usuarios, marcando a casilla (recadro) que corresponda aos usuarios que se desexe, os adminstradores poden pulsar o botón "Editar os usuarios seleccionados" situado no fondo da páxina, que lle da acceso a dúas accións principais:

  • Suspender usuarios
    Impide o acceso dese usuario á plataforma, é dicir, un usuario "suspendido" non poderá volver a iniciar sesión en Agueiro ata que o administrador lle retire a suspensión.

  • Borrar usuarios
    Esta acción borra definitivamente de Agueiro a conta de usuario dos usuarios seleccionados.
    IMPORTANTE: Esta acción non pode desfacerse. O borrado dunha conta de usuario implica a eliminación completa do usuario e de todos os seus datos de forma permanente e definitiva, sen posibilidade de recuperación.

 


  


O botón "Obter informes do usuarios seleccionados" 

O botón de "Obter informes dos usuarios seleccionados" permite obter un informe detallado da actividade do usuario en Agueiro durante un determinado período de tempo. Este informe pode ser consultado directamente en pantalla e/ou pode ser descargado para imprimir.





  Agueiro      

Última modificación: Sábado, 22 de Outubro de 2022, 09:37