3.7. Que son as etiquetas e para que serven

  Que son as etiquetas e para que serven

   

Que son as etiquetas

En Agueiro as etiquetas son palabras clave que lle podes asignar a calquera tipo de contido, páxinas ou coleccións.

nube-de-etiquetas-corto.pngEstas palabras clave (etiquetas) utilízanse como unha forma de clasificación dos teus contidos e tamén como unha forma rápida para buscar calquera contido relacionado cunha determinada etiqueta. 

Cando estás na área de "Crear"  de Agueiro, verás que na parte dereita da pantalla móstrase un recadro titulado "Etiquetas". Esta é a túa nube de etiquetas persoal onde se mostrarán todas as etiquetas que ti lle asignaches aos teus contidos.

Importante: Se aínda non creaches ningunha etiqueta ou non asociaches ningunha etiqueta a ningún dos teus contidos, a túa nube de etiquetas aparecerá baleira.

O tamaño da letra das etiquetas que aparecen na túa nube de etiquetas é automático e indica cales etiquetas conteñen máis contidos e cales menos: canto maior é o tamaño da letra da etiqueta, maior é o número de contidos asociados a ela.

Exemplo: Na nube de etiquetas que se mostra nesta imaxe de exemplo, a etiqueta "filosofía" é máis grande porque é a que contén máis contidos asociados.

Se pulsas sobre algunha desas etiquetas móstrase un listado con todos os teus contidos relacionados con esa etiqueta concreta. 

Se usas moitas etiquetas quizáis queiras limitar o número delas que se mostra na túa nube. Por defecto, a túa nube de etiquetas pode mostrar ata 20 etiquetas, pero ti podes cambiar esta configuración e poñer outro límite máximo de etiquetas para a túa nube. Entra no menú "Axustes" (na parte superior da pantalla) para configurar cántas etiquetas como máximo queres que se mostren na túa nube de etiquetas.

 

Como crear etiquetas

Cando estás creando ou editando un contido (ficheiro, blog, texto, imaxe, ...) ou cando editas ou creas páxinas, verás que aparece a opción de "Etiquetas" como unha máis das características dese contido.

introducir-etiqueta.png

Se queres etiquetar o contido, escribe a etiqueta no recadro e a continuación pulsa a tecla Enter (Intro) do teu teclado para que a etiqueta quede asignada a ese contido.
Se xa creaches etiquetas previamente, cando comences a escribir unha nova etiqueta aparecerán (como suxerencia) as etiquetas anteriores que son similares, por se queres seleccionar alguna delas.
 

Como xestionar as túas etiquetas

Pulsa (fai clic) sobre a palabra "Etiquetas" da túa nube de etiquetas.

titulo-nube-etiquetas.png

Importante: Para que se mostre a pantalla de xestión de etiquetas, previamente debes ter creada(s) algunha(s) etiqueta(s) e asignada(s) a algún dos teus contidos. No caso contrario, Agueiro mostrará unha pantalla en branco informando de que actualmente non hai contidos etiquetados.

Cando pulsas sobre a palabra "Etiquetas" do título da túa nube de etiquetas, accederás unha pantalla titulada "As miñas etiquetas" onde poderás ver todas as túas etiquetas relacionadas cos contidos e páxinas nas que introduciches algunha delas, con varias opcións para poder filtrar e mostrar unicamente os recursos que queiras ver.

 

as-minas-etiquetas.png 

Na pantalla de xestión das túas etiquetas verás que na parte superior aparecen todas elas acompañadas dun número que indica o número de contidos asociados a esa etiqueta.

Nesta mesma pantalla atopará varias opcións para xestionar e organizar a visualización das etiquetas.




  Agueiro      

Última modificación: Domingo, 15 de Maio de 2022, 19:06