3.6. Compartir páxinas con outros usuarios

  Compartir páxinas con outros usuarios

    

Compartir con outros usuarios

Cando tes creadas páxinas no teu portafolio (e coleccións), é posible que desexes compartilas con outras persoas, por exemplo, para recibir comentarios ou valoracións sobre o teu traballo.

Podes establecer os permisos de acceso ás túas páxinas entrando no menú "Compartir -> Compartido por min" e pulsando sobre a iconaicono-candado.png

Na seguinte imaxe móstrase unha visión xeral desa pantalla de "Compartido por min"

 

compartido-por-min-4.png

 

  • LISTA DE ACCESO
    Na columa "Lista de acceso" aparecen os usuarios, grupos ou comunidades que teñen acceso a cada páxina en particular.
  • EDITAR ACCESO
    A icona icono-candado.png que se mostra na columna "Editar acceso" permite cambiar os permisos de quen pode ver ou acceder a cada unha das túas páxinas.
  • URLs SEGREDAS
    A icona icono-url-segreda.png que se mostra na columna URLs segredas permíteche crear unha ou máis URLs segredas (direccións de internet que só ti coñecerás) para que determinadas persoas que non sexan membros de Agueiro poidan acceder igualmente a esa páxina en concreto.
    Esta URL segreda deberás comunicarlla ou enviarlla á persoa(s) que queiras que acceda á túa páxina. Esa persoa deberá copiar e pegar esa URL na barra de direccións do seu navegador de internet, de maneira que así poderá ver a túa páxina.
    Ademáis, se insertas unha URL segreda dentro dunha páxina web, tamén serve como enlace directo á túa páxina desde fóra de Agueiro.

 

Editar ou restrinxir o acceso á túa páxina do perfil

Ti podes restrinxir o acceso total á túa páxina do perfil para que só a poidan vela os usuarios que ti decidas ou incluso podes configurala para que ninguén teña acceso ao teu perfil.

 

compartido-por-min-5.png

 

Resulta especialmente importante que configures de forma correcta os permisos de acceso á túa páxina do perfil.

Debes poñer especial atención aos datos que compartes na túa páxina do perfil porque a túa privacidade é moi importante. Ti decides.

 




  Agueiro      

Última modificación: Domingo, 15 de Maio de 2022, 19:05