3.3. Os temas (aspecto visual)

  Os temas (aspecto visual)

    

Os temas (aspecto visual)

 

Agueiro pon a disposición de todos os usuarios 5 temas gráficos (aspecto visual) predefinidos, que calquera usuario pode utilizar nas súas páxinas para personalizalas ou darlles un aspecto diferenciado.

Podes seleccionar o tema que desexes para cada unha das túas páxinas: fai clic no desplegable "Tema" que se mostra na esquina inferior esquerda da pantalla cando estás editando unha páxina.

   

   

   


numero1.jpg Tema Agueiro (tema por defecto)


O "tema Agueiro" é o tema por defecto para toda a aplicación, polo que tamén é o tema que se aplica por defecto a todas as páxinas e coleccións dos usuarios.
A súa característica máis destacada é o uso das 4 cores identificativas de Agueiro (azul, vermello, laranxa, verde) nas bandas de títulos de cada un dos artefactos (elementos) que o usuario introduce nas súas páxinas.

 

tema-agueiro.png


numero2.jpg Tema Moderno 


O "tema Moderno" introduce unha estética baseada na escala de grises.
Tanto o aspecto visual xeral da aplicación como o aspecto visual das páxinas do usuario móstranse nunha gama cromática que vai desde o negro a blanco, pasando por diferentes tonalidades de gris.

 

tema-moderno.png


numero3.jpg Tema Océano


O "tema Océano" está inspirado na gama cromática do mar.
As diferentes tonalidades de azul e verde así como a gradación de grises fan que a sensación visual sexa completamente diferente con respecto aos dous temas anteriores.

 

tema-oceano.png


numero4.jpg Tema Básico


O "tema Básico" elimina completamente as cores de fondo, de maneira que o único elemento que contén un fondo diferenciado é a banda despregable vertical de menús principais.

 

tema-basico.png


numero5.jpg Tema Simple


O "tema Simple" incorpora unha banda horizontal con tonalidades verdes que separa a banda principal de logotipos do resto da páxina.
Ademáis integra a cor verde como tonalidade principal para títulos dos menús, así como tamén para os separadores na barra de títulos dos elementos (artefactos das páxinas).

 

tema-simple.png




  Agueiro      

Última modificación: Venres, 13 de Maio de 2022, 12:01