5.2. Habilitar solicitudes de acceso á comunidade

  Habilitar solicitudes de acceso á comunidade

   

Habilitar solicitudes de acceso á comunidade

info

Os administradores das comunidades xestionan íntegramente a súa comunidade, incluíndo as altas e baixas dos usuarios membros da súa propia comunidade.


Os administradores dunha comunidade poden (se o desexan) habilitar as solicitudes de acceso á súa comunidade, de maneira que non será necesario engadir manualmente ao profesorado da comunidade.

Con esta opción activada, calquera usuario de Agueiro poderá solicitar o acceso a unha determinada comunidade. Esta solicitude será recibida polos adminstradores da comunidade que deberán decidir se admiten (ou non) a ese usuario na súa comunidade.

Menú de Agueiro = "Administrar - Comunidades - Editar (icono roda dentada)"

  

solicitude-de-adminision.png

   

Para permitir que os usuarios poidan solicitar o acceso á comunidade, o administrador da comunidade deberá habilitar (seleccionar "Si") na opción "Permítese o rexistro".

Como xa se indicou antes, con esta opción habilitada os usuarios non se inscriben automáticamente na comunidade, senón que envían unha solicitude de acceso aos administradores da comunidade e será estes (os administradores) os que deberán decidir se aceptan ou non cada solicitude recibida, individualmente.

 

Como solicita un usuario o acceso á comunidade
 

Se as solicitudes de acceso están activas para unha comunidade, os usuarios poderán solicitar o acceso a ela desde a seguinte pantalla de Agueiro:

  

Menú de Agueiro = "Menú = Colaborar - As miñas comunidades"

   

as-minas-comunidades

  

Nesa pantalla aparecerá un desplegable onde se mostran as comunidades que teñen habilitada a solicitude de acceso e o usuario deberá seleccionar a comunidade para a que solicita o acceso e pulsar o botón "Enviar petición".

  seleccionar-comunidade-solicitude-enviar.png

 

 

icono-recordar.png

Debes recordar que ...

Recoméndase non manter habilitada esta opción indefinidamente (solicitude de rexistro -solicitude de acceso), para evitar que os administradores reciban solicitudes indiscriminadamente, tanto nas súas contas de correo como na mensaxería da comunidade.




  Agueiro      

Última modificación: Venres, 11 de Novembro de 2022, 21:52