2.6. Configuración avanzada do usuario

  Configuración avanzada do usuario



Axustes

O usuario pode acceder á pantalla de "Axustes" para realizar unha configuración personalizada de Agueiro.

O enlace para acceder a esta pantalla está na parte superior da pantalla, no menú do usuario da banda superior azul onde están os logotipos.

As distintas opcións que pode configurar o usuario son as seguintes:

   

Preferencias
Preferencias



Cambiar o contrasinal (só alumnos)

Esta posibilidade só aparece no caso dos alumnos xa que no caso dos profesores, tanto o nome do usuario como o contrasinal corresponden cos datos de acceso ao seu correo electrónico de "edu" e polo tanto non se poden cambiar desde aqui.

Os alumnos poden cambiar o seu contrasinal de acceso a Agueiro desde esta sección. No primeiro campo pídese o contrasinal actual do usuario (por motivos de seguridade) e a continuación pídese que o usuario introduza o novo contrasinal en dous campos diferentes, para que Agueiro comparare estes dous campos e comprobe que non hai erros.

O contrasinal debe axustarse aos seguintes requisitos:

  • O contrasinal debe ser diferente do nome de usuario
  • Deberá ter como mínimo 6 caracteres
  • O contrasinal distingue entre maiúsculas e minúsculas

 

Cambiar o nome de usuario

Esta posibilidade só aparece no caso dos alumnos xa que no caso dos profesores, tanto o nome do usuario como o contrasinal corresponden cos datos de acceso ao seu correo electrónico de "edu" e polo tanto non se poden cambiar desde aqui.

Os alumnos poden cambiar o seu nome de usuario desde esta pantalla. Por defecto aparece o nome de usuario actual, de maneira que para poder cambialo só hai que introducir un novo nome de usuario que se adapte aos seguintes criterios:

  • O nome de usuario debe ser diferente do contrasinal
  • O nome de usuario debe ter entre 3 e 30 caracteres
  • Pode conter letras, números e os caracteres de símbolos máis comúns, excepto os espazos.

 

Control de amigos

Neste apartado podes decidir se permites que outros usuarios te engadan na súa lista de amigos. Se un usuario te engade como amigo, ese usuario tamén pasa a formar parte da túa lista de amigos automáticamente. Se ti borras a algún usuario da túa lista de amigos, ti tamén desapareces da lista de amigos dese usuario. 

  • "Ninguén me pode engadir como amigo" significa que o resto de usuarios non verán ningún botón para poder engadirte a ti como amigo.
  • Por defecto aparece marcada a segunda opción "Os novos amigos necesitan a miña aprobación", de maneira que as solicitudes de amizade deben ser aceptadas polo usuario que as recibe antes de facerse efectivas.
  • "Os novos amigos son aceptados automáticamente" significa que calquera usuario pode engadirte como amigo sen necesidade de que ti aceptes a súa solicitude de amizade.
Captura-axustes-1.png

Licenza por defecto

Neste apartado podes seleccionar cal será o tipo de licenza que se asignará por defecto a todos os teus contidos. Podes marcar a opción "Sen seleccionar" para que non se aplique ningunha licenza de forma automática a non ser que ti o indiques expresamente.

 

Deshabilitar correo electrónico si-non.png

Se marcas a opción SI, Agueiro deixará de enviar correos electrónicos á túa conta de correo de maneira que xa non recibirás ningún tipo de información ou comunicación por correo electrónico procedente de Agueiro.

 

Mensaxes doutros usuarios

Aqui podes decidir que tipo de usuarios poderán enviarche mensaxes usando a mensaxería interna de Agueiro: calquera usuario, ningún usuario ou únicamente os teus amigos.

captura-axustes-2.png

Idioma

Nesta opción podes escoller o idioma no que queres utilizar Agueiro (menús, botóns e os demáis elementos comúns da plataforma). Actualmente están dispoñibles o idioma galego (por defecto), o idioma español e o idioma inglés.
No futuro incorporaremos algúns idiomas máis.

 

Mostrar os controis para engadir ou eliminar columnas de páxina si-non.png

Se marcas a opción SI aparecerá unha fila de botóns flotantes por encima das páxinas que estás editando, coas funcionalidades básicas para cambiar a estrutura de columnas da páxina.

 

Múltiples blogs

Todos os usuarios poden escoller se deseñan dispoñer de un único blog ou de varios blogs. Se marcas este recadro poderás dispoñer dun número ilimitado de blogs.

 

Máximo número de etiquetas na nube

Desde aqui indicas o número máximo de etiquetas que se mostrarán na túa nube de etiquetas. Por defecto está predeterminado o valor de 20 etiquetas.

 

Máximo número de grupos para mostrar

Este é o número máximo de grupos aos que ti pertences, que se mostrarán no menú lateral. Terás acceso igualmente a todos os teus grupos (aínda que non se mostren aqui) desde o menú superior "Grupos".

 

Ordenar grupos

Este será o criterio de ordenación dos grupos que se mostran no menú lateral.

 

Ocultar o meu nome verdadeiro si-non.png

Se marcas a opción SI se configuraches outro nome no recadro "Nome a mostrar" na túa información do perfil. Desta maneira, sempre se mostrará este nome en substitución do teu nome real.

 

Mostrar o panel de inicio si-non.png

Se ocultaches o panel de control na páxina principal, podes volver a mostralo marcando aqui a opción SI.

 

Código de subidas desde o móbil

Podes introducir un código para cada un dos teus dispositivos móbiles nun campo independente. Podes crear un novo campo facendo clic no botón [+]. O código que escribas aqui será o que debes usar nos teus dispositivos móbiles para que funcione.

Os códigos deben ter como mínimo 6 caracteres de lonxitude. Os códigos poden cambiar de forma automática despois de cada subida (por razóns de seguridade) tanto aqui como no dispositivo móbil, de forma sincronizada.

 

Detectar dispositivos móbiles si-non.png

Se marcas a opción SI, cando te identifiques usando un dispositivo móbil (tablet, smartphone) a plataforma adaptaráse de forma automática ás características da pantalla do dispositivo que uses.

    




  Agueiro      

Última modificación: Domingo, 15 de Maio de 2022, 16:19