2.5. Mensaxería interna de Agueiro

  Mensaxería interna de Agueiro

    

Agueiro incorpora un servizo de mensaxería interno, totalmente funcional entre todos os usuarios rexistrados en Agueiro.

Por tratarse dun sistema de correo interno, unicamente é posible enviar/recibir mensaxes entre os usuarios da propia plataforma Agueiro, é dicir, con este servizo de mensaxería non é posible comunicarse con persoas que non sexan usuarios de Agueiro.

menu-usuario-mensaxeria.png

 Pulsa sobre a icona do "sobre" (parte superior da pantalla) para entrar no teu correo interno de Agueiro.

 A primeira pantalla que aparece é a "Bandexa de entrada", onde se almacenan todas as mensaxes que recibiches. Desde esta bandexa de entrada poderás ler o teu correo interno así como tamén responder a calquera mensaxe recibida.

captura-bandexa-entrada.png

 Se pulsas na opción "Enviado" accedes ao listado de mensaxes enviadas por ti. Aqui verás tanto as mensaxes enviadas directamente a outros usuarios, como as respostas a mensaxes procedentes de outros remitentes.

Pulsa na opción "Redactar" para crear unha nova mensaxe e enviarlla a outro usuario.
Pulsa na icona "lupa" e comenza a escribir o nome de algún dos teus "amigos". Con só introducir as primeiras letras do nome do destinatario, Agueiro mostrará un listado de posibles destinatarios que coincidan con esas letras que acabas de introducir.  Podes enviar a mensaxe a un único destinatario ou a varios destinatarios ao mesmo tempo.

captura-enviar-mensaxe-2.png

 


Avisos do sistema

Todos os usuarios poden seleccionar como queren recibir as notificacións para cada tipo de comunicación.

Pulsa sobre o enlace "Axustes" (na parte superior da pantalla) e selecciona a opción "Avisos do sistema"

menu-usuario-avisos-sistema.png

Nesta pantalla verás que podes seleccionar o método polo que queres recibir os avisos, para cada tipo de comunicación ou para cada tipo de actividade: mensaxes dos grupos, mensaxes do sistema, mensaxes de outros usuarios, ... etc.

 

captura-avisos-bandexa-entrada.png

 

Tipos de notificacións:

numero1.jpgCorreo electrónico
Se seleccionas esta opción, a túa dirección principal de correo electrónico recibirá un correo electrónico cada vez que exista unha notificación ou aviso para ti.

Con esta opción, o contador de mensaxes sen ler estará sempre a cero

numero2.jpgResumo diario por correo electrónico
Se seleccionas esta opción, a túa dirección principal de correo electrónico recibirá un correo electrónico cada día cunha lista das actividades das últimas 24 horas, nas que existen avisos para ti.

Con esta opción, o contador de mensaxes sen ler estará sempre a cero

numero3.jpgBandexa de entrada
Se seleccionas esta opción, na túa área de notificacións, o contador de mensaxes sen ler mostrará en todo momento o número de mensaxes ou avisos recibidos que están sen ler.

Con esta opción, o contador mostrará o número de mensaxes sen ler


Nota:
 
Todas as notificacións recibidas na túa bandexa de entrada, automáticamente caducan e elimínanse do teu rexistro despois de 60 días.

  

icono-recordar.png

Debes recordar que ...
Se seleccionas calquera das dúas opcións de correo electrónico (correo electrónico ou resumo diario por correo electrónico), todas as mensaxes tamén se almacenarán na túa bandexa de entrada a medida que se xeneran, pero todas elas serán marcadas como xa lídas inmediatamente. É dicir, o contador de mensaxes pendentes de ler estará sempre a cero.

 




  Agueiro      

Última modificación: Domingo, 15 de Maio de 2022, 13:03