3.1. O portafolio

  O portafolio

    

O portafolio

O portafolio é o sitio de Agueiro onde o usuario pode insertar calquera dos seus contidos dixitais (artefactos) nas distintas páxinas que pode crear, editar e modificar. O portafolio está composto por páxinas e coleccións de páxinas.

Por defecto, Agueiro crea de forma automática para cada usuario as seguintes dúas páxinas no portafolio:

  • Páxina do taboleiro
  • Páxina do perfil 
captura-portafolio.png

 

Estas páxinas son as únicas que ningún usuario pode borrar, ningunha das dúas, pero cada usuario pode editalas e modificar o seu contido.

Crear páxina: Pulsa sobre o botón "Crear páxina" para crear unha nova páxina desde cero.

Copiar unha páxina: Pulsa sobre o botón "Copiar unha páxina" para seleccionar unha páxina túa ou de outro usuario que servirá como modelo para unha nova páxina. 

Buscar: Introduce o teu criterio de busca e selecciona o contexto onde queres buscar. Pulsa o botón "Buscar" para iniciar a busca.  

Editar as páxinas xa creadas:

  • Pulsa o botón "editar" (lápis) para realizar cambios na túa páxina do taboleiro. Non podes borrar esta páxina.
  • Pulsa o botón "editar" (lápis) para modificar o contido da túa páxina do perfil. Non podes borrar esta páxina.

Unha páxina contén unha selección de obxectos dixitais (artefactos) organizados e presentados dunha determinada maneira polo propio usuario, para que poidan ser vistos e accesibles por outros usuarios. As páxinas poden conter todo tipo de artefactos, como por exemplo: ficheiros, detalles do currículo do usuario, textos, entradas de blog, vídeo, audio, ... etc.

Un mesmo obxecto dixital (artefacto) pode formar parte de tantas páxinas como queira o usuario.

 

icono-recordar.png

Debes recordar que ...
As dúas únicas páxinas que nunca poderás borrar son a "páxina do taboleiro" e mais a "páxina do perfil", que son creadas de forma automática por Agueiro para cada usuario.

Podes modificar o seu contido e incluso deixalas sen contidos, pero non podes borrar ningunha destas dúas páxinas.

 


A páxina do taboleiro

O taboleiro é a primeira pantalla que se mostra cando o usuario entra en Agueiro. Neste taboleiro aparece o panel de inicio e debaixo os bloques de contido que o usuario quere mostrar. O taboleiro é totalmente persoal e único para cada usuario.

 

captura-taboleiro.png

 

Debaixo do panel de inicio aparecerán os bloques que o usuario desexe mostrar. Inicialmente aparece o bloque "Mensaxes recibidas".

Os bloques de contido que se mostran debaixo do taboleiro son totalmente configurables polo usuario, de maneira que cada usuario pode eliminar este bloque, introducir outros bloques diferentes, configurar o comportamento dos bloques, ... etc.

Mostrar e ocultar o panel de inicio

 O usuario pode mostrar ou ocultar o panel de inicio na súa páxina do taboleiro da seguinte maneira:

  • Ocultar o panel de inicio:  Pulsa sobre o enlace "Ocultar este panel de inicio" (identificado cun "X") que aparece na esquina inferior dereita do propio panel de inicio.
  • Mostrar o panel de inicio: Pulsa no menú "Axustes" da parte superior da pantalla e marca a opción "Mostrar o panel de inicio"
  • Editar a páxina do taboleiro: Para editar a páxina do taboleiro, entra o menú "Portafolio" e pulsa sobre o botón "editar" (identificado cun lápis) situado á dereita da páxina do taboleiro.
    Desde esta pantalla de edición podes borrar ou modificar os bloques de contidos que desexas que se mostren no teu taboleiro. Para eliminar un bloque do taboleiro, pulsa sobre a icona da papeleira situada na esquina superior dereita dese bloque. Se o que desexas é modificar o comportamento dun bloque, pulsa sobre o botón "configurar" que aparece na esquina superior dereita do bloque. Despois de realizar as modificacións que desexes, deberás pulsar o botón "Listo" que se mostra no fondo da pantalla para que os cambios sexan efectivos.

 

Coleccións de páxinas


Unha colección é un conxunto de páxinas que están vinculadas entre sí e que teñen os mesmos permisos de acceso.
Podes crear tantas coleccións como queiras, pero unha páxina non pode aparecer en máis dunha colección. Podes crear unha colección a partir de cero ou copiar unha xa existente, ben sexa propia ou de outro usuario que che permita realizar copias das súas coleccións.

As coleccións, igual que as páxinas, atópanse no teu portafolio.

captura-coleccion-paxinas.png



 Pulsa o botón "Nova colección" para crear unha nova colección coas páxinas que ti selecciones.

Do mesmo xeito que ocorre coas páxinas, tamén podes copiar unha colección xa existente, para o que debes pulsar o botón " Copiar a colección"





  Agueiro      

Última modificación: Venres, 13 de Maio de 2022, 12:00