2.4. Os plans de traballo

  Os plans de traballo

   

Os plans de traballo

Os plans de traballo son particularmente adecuados para xestionar os proxectos ou o traballo por proxectos a medio e longo prazo.

Un plan de traballo pode consistir nunha serie de actividades individuais que se asocian cunhas datas límite de finalización ou tamén pode ser algo máis complexo e elaborado, que inclúa obxectivos ben definidos con tarefas específicas secuenciadas.

Por outro lado, tamén se poden usar os plans de traballo para:

  • Establecer metas individuais de aprendizaxe e facer o seguimento.
  • Administrar as túas actividades persoais de aprendizaxe levando un rexistro automatizado das que xa conseguiches nun tempo determinado.
  • Levar un rexistro dos traballos elaborados ao longo dun curso.
  • ... etc.

 

Como crear un plan de traballo

Pulsa sobre o menú "Crear -> Plans" e a continuación pulsa sobre o botón " Novo plan".

novo-plan.png

 

Podes crear tantos plans de traballo como queiras, tanto plans persoais aos que só ti teñas acceso como plans compartidos con outros compañeiros ou plans compartidos cos grupos dos que formas parte.

 

crear-plan-traballo.png

  • Título
    Debes introducir un título para o teu novo plan, xa que este dato é obrigatorio.
  • Descrición
    Tamén é moi recomendable escribir unha pequena descrición (un par de liñas) que che permita identificar dun vistazo en que consiste este plan ou cal é o seu obxectivo principal. Esta descrición mostraráse debaixo do título, no listado completo dos teus plans.
  • Etiquetas 
    Sempre resulta moi interesante etiquetar todos os teus contidos e os plans tamén os podes etiquetar.
    Introduce aqui unha ou varias palabras clave (etiquetas) que che permitirán localizar este plan na túa nube de etiquetas.
  • Licenza
    Se así o desexas, escolle unh tipo de licenza para asignarlle ao teu plan. Se non escolles ningunha, asignarase a licenza por defecto "Copyright".

Finalmente pulsa o botón "Gardar plan".

 

Engadir tarefas ao plan de traballo

Todos os plans de traballo están divididos en tarefas, que especifican o traballo a realizar de forma secuenciada para poder lograr o obxectivo final.

Cando pulsas o botón "Gardar plan", Agueiro mostra unha nova pantalla onde che pide que introduzas a primeira tarefa do plan.

 

novo-plan-engadir-tarefa.png 

 Pulsa sobre o botón "Nova tarefa" para introducir a primeira tarefa deste plan.

 

plan-primeira-tarefa.png 

 

  • Título
    Introduce un título para esta tarefa. Este dato é obrigatorio.
  • Data de terminación
    Introduce unha data límite na que deberá estar realizada esta tarefa.
    Pulsa (fai clic) dentro do campo para que se despregue o calendario e selecciona un dos días que se mostran nese calendario.
    Este campo é obrigatorio e permite que Agueiro xestione automáticamente as tarefas indicando e marcando as tarefas cando están vencidas ou fóra de prazo.
  • Descrición
    Escribe unha descrición detallada de en qué consiste exactamente esta tarefa.
  • Etiquetas 
    Introduce as etiquetas que che permitirán localizar fácilmente esta tarefa na túa nube de etiquetas.
  • Terminada
    Selecciona a opción "Si" cando consideres que xa realizaches a tarefa.
    En calquera outro caso deixa a opción por defecto "Non" para que Agueiro poida xestionar automáticamente o vencemento da tarefa.

Finalmente pulsa o botón "Gardar tarefa"

Vista previa do plan de traballo

Despois de crear todas as tarefas do plan, podemos acceder a unha vista previa do deseño xeral do plan de traballo.

todas-tarefas-plan.png

 

Podemos ver que, en función da data de terminación configurada para cada tarefa, Agueiro introduce marcas de forma automática que nos indican o estado de cada tarefa:

  • Unha marca de verificación verde indica que a tarefa está realizada.
  • Unha marca en forma de aspa vermella indica que a tarefa non foi realizada e ademáis xa está fóra de prazo
  • Se a tarefa non inlúe ningunha marca, indica que a tarefa non está realizada pero aínda está en prazo.

O exemplo que se mostra na imaxe anterior refírese a un plan de traballo para a realización dun traballo de tipo persoal, pero os plans de traballo podemos introducilos dentro das páxinas ou dentro das coleccións, de maneira que podemos compartilos con outros usuarios, grupos, ... etc.

 



  Agueiro      

Última modificación: Domingo, 15 de Maio de 2022, 12:51