2.2. Área de ficheiros

  Área de ficheiros


Menú = "Crear -> Ficheiros"

A área de ficheiros é un repositorio, é dicir, un espazo de almacenamento de documentos, cartafoles e ficheiros, absolutamente privado e persoal. Tanto os cartafoles como os ficheiros considéranse artefactos e, polo tanto, pódense incluír dentro dunha páxina.

Podes crear a cantidade que queiras de cartafoles e sub-cartafoles. Para ver que sub-cartafoles e ficheiros hai dentro dun cartafol, fai clic no nome do cartafol. 

Podes organizar os ficheiros e cartafoles arrastrando e soltando a icona que aparece diante do nome do ficheiro/cartafol encima de outra icona de outro cartafol. Unha boa estrutura de ficheiros adecuadamente catalogada e organizada será de gran axuda sobre todo a longo prazo, cando o númerro de ficheiros almacenados sexa importante. 

Se desexas sacar un ficheiro ou un cartafol de dentro dun sub-cartafol, móveo sobre a icona do cartafol principal. 

Verás que o sistema crea automáticamente algúns cartafoles, como por exemplo "imaxes". O cartafol "imaxes" inclúe as imaxes de perfil cargadas. Igual que con calquera outro ficheiro, podes movelos fóra dese cartafol e almacenalos nun cartafol diferente. 

O explorador de ficheiros 

Na área de ficheiros existe un explorador de ficheiros no que podes organizar os teus ficheiros para poder atopalos máis fácilmente. Podes ordenar os teus ficheiros en cartafoles e tamén crear sub-cartafoles.





  Agueiro      

Última modificación: Domingo, 15 de Maio de 2022, 12:50