2.1. O espazo persoal do usuario

  O espazo persoal do usuario



Perfil 

Menú "Usuario -> Perfil" 

Neste apartado "Perfil" podes atopar os seguintes apartados: 

Sobre min 

Os únicos datos obrigatorios do perfil do usuario (marcados cun asterisco) son o "Nome" e mais o "Apelido(s)". Todos os demáis datos son opcionais, polo que poderían quedar sen cubrir. O nome e apelidos de cada usuario son visibles por todos os demáis usuarios de Agueiro no caso de que o usuario non pertenza a ningunha comunidade, ou ben, por todos os demáis usuarios da mesma comunidade educativa virtual á que pertence o usuario no caso de que este usuario pertenza a unha comunidade. Os datos do perfil poden ser modificados polo propio usuario en calquera momento. 

Información de contacto 

Ningún usuario está obrigado a proporcionar ningún dos datos que se mostran na pantalla "Información de contacto", a excepción dunha dirección de correo electrónico. Neste apartado, como en todos os demáis apartados do perfil, resulta moi importante ser coidadosos coa información de carácter privado que se introduce aqui. 

Social media

Se utilizas servizos de mensaxería instantánea ou redes sociais, quizáis che resulte de utilidade introducir aqui os teus datos de identificación para que outros usuarios poidan contactar contigo a través deses mesmos servizos. Isto non significa que estes servizos de mensaxería instantánea funcionen en Agueiro, senón que se trata siplemente de información adicional sobre o teu perfil de usuario. 

Xeral 

Este apartado está pensado para aqueles profesores que desempeñen algunha función específica dentro do centro educativo e desexen indicar esta circunstancia no seu perfil persoal.

   




Imaxes do perfil 

Menú "Usuario -> Imaxes do perfil" 

Neste apartado podes almacenar aquelas imaxes, fotografías ou gráficos que desexes utilizar como "avatar". 

Podes subir ata cinco imaxes do perfil, e escoller unha delas para ser mostrada como imaxe por defecto en calquera momento. 

As túas imaxes deben ter entre 16x16 pixels e 1170x1170 pixels de tamaño. 

Poderás cambiar a imaxe que se mostra no teu perfil en calquera momento e tantas veces como queiras.

   



 

  Agueiro      

Última modificación: Sábado, 14 de Maio de 2022, 22:04