1.4. Os roles de usuario

  Os roles de usuario


En Agueiro existen diferentes roles de usuario, tanto para as comunidades como para os grupos

Cando se lle asigna un rol a un determinado usuario ese usuario asume todos os permisos asociados ao rol, polo que é necesario prestar especial atención á asignación de roles. 


Roles das comunidades 

Administrador 

Rol recomendado para un profesor(a) do centro educativo que asuma a respondabilidade da comunidade. 

Os usuarios con rol de administrador da comunidade teñen todos os permisos para a xestión íntegra da súa propia comunidade, en todos os aspectos. Poden realizar cambios na configuración da comunidade e tamén poden xestionar íntegramente aos usuarios e aos grupos. Os administradores son os únicos usuarios que poden asignar roles a outros usuarios. En cada comunidade debe haber un administrador, como mínimo, que será un profesor(a) do propio centro educativo.


Xestor 

Rol recomendado para todos os profesores do centro educativo. 

Os usuarios con rol de xestor da comunidade teñen todos os permisos referidos aos grupos. Neste sentido, poden crear e modificar grupos, xestionar o funcionamento dos propios grupos e establecer cambios na estrutura e configuración dos grupos. En cada comunidade, todos os profesores do centro educativo deberían asumir o rol de xestor 


Membro 

Rol recomendado para todos os alumnos do centro educativo. 

Os usuarios con rol de membro da comunidade non teñen ningún permiso de xestión ou configuración da comunidade.


     

Roles dos grupos 

Administrador 

Rol recomendado para o(s) profesor(es) membro(s) do grupo. 

 De forma automática asígnase o rol de administrador do grupo ao usuario que crea o grupo. Posteriormente, o creador do grupo pode asignar o rol de administrador do grupo a outros membros do propio grupo, así como tamén pode asignar os outros dous posibles roles do grupo: titor e membro. O administrador do grupo ten permisos totais sobre o propio grupo: xestión das características do grupo, xestión dos usuarios do grupo, xestión dos roles do grupo, etc. 


Titor 

Rol recomendado para o(s) profesor(es) membro(s) dos grupos tipo "Curso". 

 Os usuarios con rol de titor do grupo teñen permisos de moderación do grupo, de maneira que poden xestionar as intervencións do resto de membros do grupo. Os titores dos grupos poden moderar os contidos que os usuarios publican no grupo, pero non teñen permisos sobre a xestión dos usuarios do grupo. 


Membro 

Rol recomendado para os alumnos membros do grupo. 

 Os usuarios con rol de membro do grupo non teñen ningún permiso sobre a xestión ou configuración dos grupos.

   



Os usuarios que non pertencen a ningunha comunidade ou grupo non poden asumir ningún rol, polo que non é posible habilitarlles ningún permiso. Estes usuarios poden usar as funcionalidades e ferramentas comúns de Agueiro, que non son específicas de comunidades ou grupos.


  Agueiro      

Última modificación: Venres, 13 de Maio de 2022, 11:54