1.2. Usuarios con acceso a Agueiro

  Usuarios con acceso a Agueiro

Para poder ser usuario de Agueiro debes ser profesor/a ou alumno/a dun centro educativo galego de educación infantil, primaria ou secundaria. Ademais, se o teu centro educativo xa dispón da súa propia comunidade educativa virtual dentro desta plataforma, poderás acceder a todas as funcionalidades específicas das comunidades. 

Non se permite o acceso a Agueiro a ningún usuario que non forme parte dun centro educativo galego, como profesor/a ou como alumno/a. 

A identificación do usuario de Agueiro está vinculada a unha conta de correo electrónico que, no caso dos alumnos, foi introducida durante o seu rexistro como usuario. Esta conta de correo electrónico deberá ser do seguinte xeito:

  • Para os profesores/as: será sempre a súa conta de correo corporativa "usuario@edu.xunta.gal
  • Para os alumnos/as: deberá ter sempre o formato "nome.apelido.apelido@codigocentro.es", onde "nome.apelido.apelido" serán o nome e apelidos reais do alumno/a e "codigocentro" será o código do centro educativo onde está matriculado.

 

Para acceder como profesor/a debes introducir o mesmo usuario e contrasinal que usas para acceder ao teu correo electrónico corporativo. 

A conta de correo electrónico que se introduce para o alumnado co formato "nome.apelido.apelido@codigocentro.es", unicamente serve para identificar e relacionar a cada alumno/a coa súa comunidade educativa (centro educativo). Esta conta non funciona nin funcionará nunca como conta de correo electrónico do propio alumno/a. No caso do alumnado, resulta moi importante que o dato “correo electrónico” que se introduce para cada un corresponda exactamente co formato descrito anteriormente, xa que este dato é o que relaciona a cada alumno/a coa súa Comunidade Educativa Dixital (centro educativo en Agueiro), polo que o dato CODIGOCENTRO debe ser exactamente o que corresponde ao centro educativo onde está matriculado/a. Este “correo electrónico” do alumnado é ficticio (non é real) pero é imprescindible para a identificación de cada un dentro da plataforma Agueiro.

Mentres un centro educativo non solicite a creación dunha comunidade en Agueiro, os profesorado dese centro aínda non pertence a ningunha comunidade. Neste caso, poden usar todas as funcionalidades de Agueiro pensadas para usuarios individuais, pero non teñen acceso ás funcionalidades específicas para membros das comunidades como son a creación de grupos ou dar de alta ao seu alumnado.


 

  Agueiro      

Última modificación: Venres, 13 de Maio de 2022, 11:53