1.2 Mobilidade e ubicación na aula

  Mobilidade e ubicación na aula

EDIXGAL

Mobilidade do armario de carga


Tanto as dimensións como a capacidade de mobilidade do armario de carga, están pensados para que poida circular libremente entre os posibles pasillos formados polas mesas dos alumnos así como pasar sen problemas por calquera porta da aula.

Para facilitar esta mobilidade, o armario de carga está dotado dunhas rodas de tipo industrial con acabado en poliamida de alta resistencia de maneira que lle permite deslizarse de modo sinxelo sobre calquera superficie.

   

EDIXGALEDIXGAL

 

Antes de iniciar ningún desprazamento debemos asegurarnos de que o carro de carga atópase desconectado da rede eléctrica. Ademáis, tamén é importante comprobar que as portas frontais están bloqueadas mediante a pechadura para evitar posibles desprazamentos ou caídas dos portátiles que poidan estar colocados no seu interior.

As rodas dianteiras incorporan freos, polo que será necesario asegurarse de estes están na posición de desbloqueo, coa panca metálica en posición elevada.

 



As asas situadas nos lateriais do armario de carga facilitan a agarre do equipo para poder realizar de forma cómoda un desprazamento en calquera dirección.

  



EDIXGAL

Última modificación: Luns, 13 de Xuño de 2022, 20:53