1.1 Aspectos básicos do armario de carga

  Aspectos básicos do armario de carga

EDIXGAL

Vista frontal do armario de carga

Os armarios de carga están deseñados específicamente para estar presentes nas aulas de docencia (Abalar/Edixgal), polo que incorporan moitos elementos de protección e de seguridade, de maneira que unha das características máis destacadas destes dispositivos é o deseño de cada un dos elementos pensando na protección dos usuarios en caso de manipulación.

   


  

Para acceder á zona de carga dos portátiles é necesario abrir as portas troqueladas frontais, protexidas mediante pechadura, onde podemos observar que a configuración e a distribución do espazo interior permite a carga de calquera dos equipos Abalar/Edixgal do alumnado.

Este armario permite a carga de ata 30 equipos simultaneamente. Tanto os períodos como os tempos de carga continua xa veñen cunha configuración estándar, pero o sistema permite modificar esta programación e incluso establecer configuracións diferentes para cada período de tempo (periodos lectivos, periodos de vacacións, ...) podendo almacenar na memoria ata 32 programacións diferentes.

   



Desde o punto de vista da instalación eléctrica, os carros de carga están adaptados específicamente para as características técnicas dos equipos Abalar/Edixgal do alumnado, que actualmente son os seguintes:

  • Ultraportátil INVES Noobi (equipamento dos centros Abalar)
  • Convertible HP X360 (equipamento dos centros Edixgal)
  • Convertible Lenovo Yoga (equipamento dos centros Edixgal)


 IMPORTANTE: En ningún caso se deben utilizar estes armarios para a carga de calquera outro equipo diferente aos citados anteriormente, xa que o sistema de alimentación eléctrica está específicamente adaptado ás carcaterísticas destes equipos en concreto.

    

    

Vista lateral do armario de carga

    

Os armarios de carga incorporan un sistema de ventilación forzada, de maneira que o fluxo de aire prodúcese polas tomas ubicadas nos laterais, extraendo o aire quente que se xera durante o proceso de carga dos portátiles pola parte superior e introducindo aire frío pola parte inferior.

  



O sistema de ventilación non funciona de forma continua, xa que este sistema está deseñado para comenzar a funcionar cando a temperatura interna se achegue aos 30 graos centígrados e automáticamente deixa de funcionar cando a temperatura interna do armario está por debaixo desta temperatura.

     



Os carros de carga EDUCAR poden ser empregados tamén como un elemento multimedia máis na aula, xa que dispoñen de dous altavoces, un en cada lateral (elementos redondos situados na parte media de cada lateral) así como o seu propio sistema de amplificación e tomas de entrada para a conexión de audio.

 

Vista posterior do armario de carga

Podemos comprobar que o acceso á parte posterior do armario tamén está protexido con portas con pechadura, cunha chave diferente e propia, de maneira que non é posible abrilas coa mesma chave que as portas da parte dianteira.

  

  

As portas posteriores dan acceso á instalación eléctrica e electrónica, onde por norma xeral o usuario non necesitará acceder excepto en situacións extraordinarias como, por exemplo, unha parada eléctrica de emerxencia despois de accionar a seta da parte superior do armario.

  


  



EDIXGAL
Última modificación: Luns, 13 de Xuño de 2022, 20:50