2.1 Características do EDI SmartBoard
Características do EDI SmartBoard
|
SmartBoard modelo SB680
Descrición: pantalla interactiva sensible ao tacto con proxección frontal. Resolución de contacto aproximadamente de 4000 x 4000. Tecnoloxía de Dixitalización DviT (Digital Vision Touch)
Superficie durable: Cuberta por unha capa dura de poliéster resistente e optimizada para a proxección (poliéster de baixa reflexión que reduce o reflexo).
Conexión e cable USB
- O encerado conéctase co portátil mediante un cable USB 2.0 estándar incorporado de 5 metros.
- As pantallas interactivas SMART Board serie 600 teñen unha interface periférica USB 2.0 de alta potencia que alcanza unha velocidade de ata 12 Mbps.
- A unidade funciona con interfaces aptas para USB 2.0 e USB.
- A conexión USB principal da pantalla é un cable conector cautivo. O conector é un enchufe USB Tipo B.
- Lonxitude do cable: o cable USB de cinco metros que vén coa pantalla interactiva cumpre coa norma USB 2.0 en canto á lonxitude máxima. Se non fora suficiente, poden empregarse cables prolongadores activos USB de SMART (Número de peza USB-XT).
- Poden empregarse como máximo ata catro cables para estender a lonxitude a uns 25 metros que é o límite da especificación USB. Teña en conta que non se admiten os cables prolongadores USB pasivos.
Fonte de alimentación: A enerxía obtense do ordenador directamente do cable USB. O consumo de enerxía é inferior a 1.5 watts (300mA a 5V)
Resposta táctil
O control da resposta táctil realízase a través da tarxeta controladora SC9 ou SC12 (varían segundo a data de distribución) que consta de:
- Entrada USB2 de velocidade total (12Mpps)
- Interruptor de restablecemento da tarxeta controladora (non debe empregarse indiscriminadamente xa que podería resultar danada a tarxeta)
- Conector para módulos de expansión : permite engadir accesorios opcionais como por exemplo, un panel de control SystemOn.
- LED indicador de estado de tres cores
Dimensións: 165,7 cm x 125,7 cm x 8,4 cm
Peso: 12,7 Kg.
Garantía: 2 anos de garantía estándar Smart ampliables ata 5 anos ao rexistrar o encerado (sempre que se realice dentro dos dous primeiros anos). O equipamento ABALAR xa está rexistrado pola propia Consellería; nos demais casos debe ser o centro quen realice o rexistro telemático a través da web do fabricante.