3.3 Rotar imaxes

  Rotar imaxes

EDIXGAL

Rotar imaxes

Outra das ferramentas que podemos usar no tratamento de imaxes é a rotación. Para acceder a esta ferramenta seleccionamos a opción Rotar imaxes... do menú contextual que se mostra ao facer clic co botón dereito do rato sobre a imaxe.

     


 

A pantalla está dividida en dúas partes: Na primeira pídenos o ángulo de rotación que lle queremos aplicar á imaxe; na segunda pregúntanos sobre o nome que lle queremos dar ao ficheiro resultante da operación. 

   

Rotación da imaxe


  • Seleccione un ángulo:

Neste caso temos tres opcións predefinidas que vemos nesta imaxe:

  • 90º clockwise: Rotará a imaxe 90º no sentido das agullas do reloxo.

  • 90º counter-closewise: Rotará a imaxe 90º no sentido contrario ao das agullas do reloxo.

  • 180º : Rotará a imaxe 180º.





  • Ángulo ... graos no sentido horario:

A imaxe rotará  a cantidade de graos especificada, no sentido das agullas do reloxo. Para aplicar esta opción, cando sexa necesario (imaxes en diagonal), o programa creará un fondo coas dimensións necesarias para acoller a imaxe unha vez rotada, cambiando así as dimensións da mesma.


Nome do ficheiro


Respecto do nome do ficheiro para o resultado da operación temos dúas opcións:

  • Engadir ao final...

Se eliximos esta opción deberemos especificar un texto que o programa utilizará para dar nome aos ficheiros resultantes da operación realizada, engadindo este texto ao nome orixinal antes da extensión. Así conservaremos o ficheiro orixinal intacto e obteremos unha copia modificada. Por exemplo, se o ficheiro orixinal é gato.jpg e especificamos como texto 90 graos, o ficheiro resultado será gato90graos.jpg.


  • Rotar no mesmo ficheiro.

Neste caso o programa substituirá o ficheiro orixinal polo que resulte da operación realizada.




    


EDIXGAL

Última modificación: Sábado, 28 de Decembro de 2019, 09:48