3.1 Conceptos básicos

  Conceptos básicos

EDIXGAL

Introdución

Nautilus-Image-Converter é un complemento do navegador Nautilus que permite cambiar o tamaño de imaxes e tamén rotalas. 

Poderemos reducir ou aumentar o tamaño das imaxes, pero sempre se conservará a proporción orixinal entre as dimensións das imaxes. Á hora de aumentar o tamaño dunha imaxe hai que ter en conta a perda de calidade que esta operación supón. 

As principais vantaxes deste software son a sinxeleza de uso, e que permite realizar unha operación de redimensionamento ou rotación simultáneamente sobre un conxunto de imaxes que seleccionemos dentro dun cartafol, é dicir, non temos que facelo unha a unha senón que podemos facelo sobre varias imaxes á vez.

  

Dimensións actuais dunha imaxe

Temos dous xeitos fáciles de coñecer as dimensións actuais dunha imaxe:

  

Abríndoa co visor de imaxes (facemos doble clic sobre ela) podemos ver na parte inferior da ventana as súas dimensións:


   

    

   

Vendo as propiedades do ficheiro (botón dereito do rato, Propiedades), na pestana Imaxe:

   







EDIXGAL

Última modificación: Sábado, 21 de Decembro de 2019, 18:53