2.2 Crear un cartafol

  Accións con ficheiros e cartafoles

EDIXGAL


Crear un cartafol

Para crear un novo cartafol, realizaremos os seguintes pasos:


Situámonos no cartafol que vai conter este novo cartafol (no exemplo, situámonos no "Cartafol persoal")

 
Facemos clic co botón dereito do rato sobre unha zona libre da área de traballo.

 
Aparece un menú flotante, no que seleccionaremos a opción "Novo cartafol".


  

Móstrase un recadro flotante onde se nos pide que escribamos o nome do novo cartafol. No exemplo, escribimos "programacións".

A continuación pulsamos o botón "Crear" dese mesmo recadro flotante.

 


  

Finalmente comprobamos que o novo cartafol que acabamos de crear sitúase no lugar que lle corresponde según a ordenación que teñamos seleccionada. No exemplo temos seleccionada a ordenación alfabética ascendente, polo que o novo cartafol sitúase entre os cartafoles "Música" e "Público".

    



    


EDIXGAL

Última modificación: Domingo, 22 de Decembro de 2019, 20:16