11.6. Permisos de acceso do alumnado

 Permisos de acceso do alumnado

EDIXGAL

Tipos de permisos de acceso

O alumnado, desde o seu equipo, pode ver dous accesos directos aos cartafoles "alumno" e "profesor" que se atopan en todos os equipos do profesor Abalar/Edixgal:

  • Recurso Alumno en Profesor: conecta co cartafol "alumno" do equipo do profesor
  • Recurso Profesor en Profesor: conecta co cartafol "profesor" do equipo do profesor

Todos os equipos de profesor das aulas Abalar/Edixgal conteñen estes cartafoles compartidos, polo que os profesores terán que indicarlles aos alumnos cal é a súa dirección IP para que poidan conectar co seu equipo.

   

4

 

Cartafol "alumno"

O alumado da aula, desde o seu equipo, pode acceder ao cartafol "alumno" do equipo do profesor con permisos tanto de lectura como de escritura, é dicir, todos os alumnos poderán:

  • Ver, copiar, pegar, eliminar e modificar o contido deste cartafol.

Cartafol "profesor"

O alumnado da aula, desde o seu equipo, pode acceder ao cartafol "profesor" do equipo do profesor pero só con permisos de lectura, é dicir, todos os alumnos poderán:

  • Ver e copiar o contido deste cartafol.

    



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 10 de Febreiro de 2022, 12:26